Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As traballadoras do SAF de Muxía volven ter problemas cos cobros

traballaduras do SAF de Muxa esixindo o seu soldo.jpeg
Traballaduras do SAF de Muxía esixindo o seu soldo ás portas do Concello
As traballadoras do SAF de Muxía volven ter problemas cos cobros

Xa chegaron o pasado trimestre a saír á rúa, e mesmo a ir ao pleno. Pero a situación non parece mellorar para as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Mxía, segundo denuncia o PP local. A portavoz do Partido Popular muxián, Sandra Vilela, lamenta que as traballadoras do (SAF) volvan a estar sen cobrar e culpa á ”falla de xestión do goberno municipal”.

”Toda esta lamentable xestión do Sr. Toba fai que as grandes prexudicadas sexan as traballadoras do servizo que no día de hoxe aínda non cobraran a nóminas”, sinala Vilela, que lembra que levan dende o ano 2020 pedindo de todos os xeitos posibles que se proceda á licitación do servizo.

O contrato segue en precario, provocando estar en situacion irregular o servizo, o que fai que constantemente existan reparos de intervención ao respecto das facturas que emite a empresa que desenrola o servizo o que fai que “se retrasen os pagos das facturas deste servizo que terán que volver a pleno”.

XESTIÓN DIRECTA

Para o seu grupo o ideal sería que o SAF se xestionase de xeito directo dende o concello e que fose a propia administración quen contratase as empregadas.

Novas relacionadas

Comentarios