O trobador Xoán Curiel canta a López Abente
21:56 22/12/20
Este mércores, 23 de decembro, e dende o Bela Muxía pero por streaming (dende a súa páxina de Facebook), o compositor herculino Xoán Curiel, xunto coa voz de Iris Gey, presentarán un traballo moi especial. Recuperan a figura de diversos trobadores do período trobadoresco (S.XII - 1354), poñendo musica a diferentes s cantigas medievais da lírica medieval galego portuguesa co propósito de ofrecer unha actualización ou renovación das mesmas, aportando a súa propia visión persoal, musical e creativa.
Entre as novidades tamén atopamos unha canción moi costeira: A Furna da Buserana, en torno ao poema de Gonzalo López Abente que versa sobre unha lenda medieval da zona de Muxía).