Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Últimos días para matricularse na FP Básica Dual de Cociña e Restauración no IES de Muxía

FP Restauracion e Cocina IES MUxia 2023
Últimos días para matricularse na FP Básica Dual de Cociña e Restauración no IES de Muxía

Oportunidade única a que ofrece o IES Ramón Caamaño de Muxía, con esta FP Básica Dual de Cociña e Restauración. Ata este venres 22 de setembro, os maiores de 16 anos que non teñan ESO nin equivalentes poden presentar a súa solicitude.

Unha oportunidade de formarse no sector con máis inserción da comarca, coa seguridade de facer prácticas remuneradas en empresas como O Parador de Lourido, A Lonxa DÁlvaro, As Baleas, Son do Mar, a Casa do Peixe, A Furna, A Marina, O Hotel Insua, O Semáforo ou o Villa de Oro.

Poden descargar e cubrir este formulario e envialo ao correo electrónico [email protected], ou chamar ao 881880775.

Comentarios