Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un albergue-mosteiro de troco

Un albergue-mosteiro de troco

Fermosa, emotiva e auténtica, a aposta pola vida natural da comunidade do Albergue As Auroras do Camiño. Levan xa case un ano recuperando o Mosteiro de San Martiño de Ozón e pouco a pouco can creando o seu espazo no lugar de Ozón, no concello de Muxía, e na Costa da Morte.

E continúan coa intención de facer actividades que abran as portas do mosteiro aos veciños. Desta volta será un mercadillo de troco o que organicen para recuperar a economía de toda a vida. A cita será este sábado 4 de agosto ao longo do día no propio mosteiro.

Está invitado todo aquel que queira participar, que teña calquera cousa que sexa susceptible de ser cambiada por outra cousa calquera: roupa, xoguetes, estrañezas, reliquias, ferramentas, aparellos... todo vale.

As bravas "hospitaleiras" ofrecerán infusións e algo de repostería para todos para que poidan pasar o día de troco con máis dozura.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios