Viki Rivadulla: “É magnífico levar salitre e empoderamento a un lugar de tanta dor como o cárcere vello de Lugo”

Así quedan os cadros das Atlánticas nas celas de mulleres do Cárcere Vello de Lugo

Menos na casa, parece que Galicia enteira por fin se rende ante a potencia da arte salgada de Viki Rivadulla. As súas “Carrexadoiras” xa están en Malpica, e as súas bravas Atlánticas estiveron nada menos que no Claustro alto do Colexio de Fonseca de Compostela.

E non paran de percorrer o país estas Mulleres do Nordés, que de xuño a a agosto estarán expostas no Centro Sociocultural do Cárcere Vello de Lugo.

“É magnífico levar salitre e empoderamento a un lugar de tanta dor como o cárcere vello de Lugo”, recoñece a propia Viki, que lamenta que non se puidera aínda facer inauguración porque estivo estes días indisposta. En calquera caso, estaremos atent@s por se hai evento.

Novas relacionadas

Artigos de Viki Rivadulla en QPC