Domingo. 03.07.2022
El tiempo

Viki Rivadulla: “É magnífico levar salitre e empoderamento a un lugar de tanta dor como o cárcere vello de Lugo”

Exposicion Atlanticas Viki Rivadulla Carcere Vello Lugo 1
Así quedan os cadros das Atlánticas nas celas de mulleres do Cárcere Vello de Lugo
Viki Rivadulla: “É magnífico levar salitre e empoderamento a un lugar de tanta dor como o cárcere vello de Lugo”

Menos na casa, parece que Galicia enteira por fin se rende ante a potencia da arte salgada de Viki Rivadulla. As súas “Carrexadoiras” xa están en Malpica, e as súas bravas Atlánticas estiveron nada menos que no Claustro alto do Colexio de Fonseca de Compostela.

E non paran de percorrer o país estas Mulleres do Nordés, que de xuño a a agosto estarán expostas no Centro Sociocultural do Cárcere Vello de Lugo.

“É magnífico levar salitre e empoderamento a un lugar de tanta dor como o cárcere vello de Lugo”, recoñece a propia Viki, que lamenta que non se puidera aínda facer inauguración porque estivo estes días indisposta. En calquera caso, estaremos [email protected] por se hai evento.

Exposicion Atlanticas Viki Rivadulla Carcere Vello Lugo 2

Exposicion Atlanticas Viki Rivadulla Carcere Vello Lugo

Novas relacionadas

Artigos de Viki Rivadulla en QPC

comentarios