Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Viki Rivadulla espalla as súas Carrexadoras a Malpica

Viki Rivadulla estrea Carrexadoras en Malpica
Viki Rivadulla con Noelia Freijeiro á dereita
Viki Rivadulla espalla as súas Carrexadoras a Malpica

Incomprensiblemente ignorada polo seu Concello, Viki Rivadulla segue demostrando a súa espectacular valía artística por Galicia adiante. Este pasado venres inauguraba a exposición “Carrexadoras” no centro cívico de Malpica.

As súas enormes, fermosas e coloridas obras impactaron aos asistentes nun acto que comezaba coa presentación por parte da concelleira de cultura Noelia Freijeiro, que agradeceu á artista muxiá a súa dispoñibilidade e o cariño co que acolleu o convite do concello de Malpica para traer una mostra do seu traballo os espazos expositivos do Centro Cívico.

Miguel Anxo Mato Fondo acompanou a Viki Rivadulla
Miguel Anxo Mato Fondo acompañou a Viki Rivadulla

Tamén asistiu ó evento o escritor e tamén columnista desta casa Miguel Anxo Mato Fondo, que deixou claro o seu amor pola obra de Viki. “A min gústame moito temáticamente, no fondo, no concepto. Os críticos literarios que din cal é o estilo dun autor ou autora, a resposta é: a autora é o estilo. E podo aplicar isto a Viky, e dicir, que Viky é a súa obra e a súa obra é Viky”.

As Carrexadoras é unha exposición, cunha temática, que acompaña a autora sempre. É algo icónico na súa pintura. << As carrexadoras levaban o mundo de un lado para o outro e facían medrar esa tribu do mar. Nesta serie quixen pintar o que é o corpo enteiro e a min interésame moitísimo a forza do que é a anatomía. Eses corpos que son como piares que están aguantando do mundo>>, manifestou a artista. Ademais de Carrexadoras, no Centro Cívico de Malpica, pódense ver as ilustracións do libro E Caín, realizadas por Viky Ribadulla. A exposición será visitable ata o 30 de xuño.

Obra da exposicion Carrexadoiras de Viki Rivadulla
Unha das Carrexadoras de Viki Rivadulla

Artigos de Viki Rivadulla en QPC

Comentarios