“É vostede un putero e un fillo de putero”. As intolerables palabras de Iago Toba ao alcalde nunha Comisión Informativa

Iago Toba
  • Iago Toba ao alcalde Javier Sar: “O fin de semana eu dedícollo a miña familia, non vou de putero nin de borrachera”.

Mercé Barrientos manifesta que abandona a sesión ante este comportamento.

  • Iago Toba: “Marche que vostede sabe tamén de puterío bastante, xa o dío o seu pai”.
  • Mercé Barrientos: “Que conste en acta. Isto é inaceptable, tómese algo Sr. Toba."
  • Iago Toba: “Xa o toma vostede e o seu marido”.
  • O alcalde expulsa a Toba e este lle responde: “É vostede un putero e un fillo de putero”.

Esta foi a intolerable conversa coa que se daba por pechada a pasada Comisión Informativa do pasado luns en Muxía. O ex alcalde e edil socialista Iago Toba segue cruzando liñas vermellas, co permiso da súa agrupación provincial, e faltando ao respecto aos seus compañeiros e compañeiras e a toda o pobo de Muxía.

Reacción do alcalde

"É unha baixeza moral tan grande que sobrepasa todos os límites", sinala o alcalde, Javier Sar. "Porque ademais non é a primeira vez, é continuo. E desta vez pasouse todas as liñas, e sorprende máis porque non houbo bronca nin nada.” Sar sinala que "normalmente, é áis cobarde e xeneraliza, pero o outro día xa foi contra a miña persoa, sen cortarse un pelo. Non é prato dun bo gusto que falen así da miña persoa, pero xa falar de persoas mortas como meu pai… “ "Non me gusta falar destas cousas, pero hai que facelo público porque estas son cousas que non se deben aguantar", conclúe o rexedor.

Comunicado do BNG

O BNG da Costa da Morte amosa o seu total rexeitamento ante o inaceptábel comportamento do portavoz municipal do PSOE de Muxía. Dende o grupo reproban rotundamente “as súas actitudes machistas, que son repetitivas e reiteradas”, e mesmo están estudando as posíbeis medidas legais que se poidan adoptar contra el.

O BNG apela á responsabilidade do PSdeG-PSOE en manter no cargo a unha persoa “con comportamentos inaceptábeis como os do seu actual portavoz municipal en Muxía, que vén amosando actitudes e manifestacións que resultan absolutamente impropias dun representante político, reclamándolle que actúe”.

”Síntome apaleada, porque recibín unha agresión machista”, recoñece a propia edil do BNG, sinalando ademais que “na acta recolle as palabras pero non explican os acenos, e os tons dese señor”.

Máis novas