Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muxía

Pleno de Muxía: Insultos e berros nun novo esperpento político

Con tristeza imos corroborando o espallamento da práctica do “circo plenario” pola comarca. Aos ridículos exercicios vividos estas semanas en Ponteceso, e á que nos teñen acostumados xa por Santa Comba, sumámoslles estes días o que está volvendo pasar en Muxía. Nun pleno que vive unha situación semellante á de Ponteceso, cun alcalde socialista apoiado en minoría despois de perder 4 concelleiros que se marcharon ‘pola falta de humildade do alcalde.

Cómpre lamentar un denominador común destes tres esperpentos políticos: as redes sociais. As redes sociais foron alimentando durante as últimas semana o que se coceu onte no salón de plenos, e a retransmisión en directo a través do Facebook municipal así o ratificou. Centos de comentarios do estilo “Esto parece unha escuela de párvulos”, “Eso é un pleno ou é unha praza de verduras madre mía jajaja” demostran a indignación da meirande parte da veciñanza, e dan conta da necesidade de que os políticos, a través da súa comunicación nas redes, sexa responsable.

MUXÍA- A oposicion de Muxía bloquea máis de 700.000 euros en investimentos para creacion de emprego, infraestruturas e pago a proveedores
Ducias de persoas achegáronse á casa consistorial antes do pleno

”Non podes fomentar o odio contra os concelleiros”, criticoulle a edil non adscrita (ex socialista) Mónica Vilela ao alcalde.

O espectáculo comezaba na rúa, con ducias de veciños de Suxo arroupando ao alcalde, porque o proxecto a auga de Suxo convertiuse en protagonsta, a pesar de que nos 25 minutos iniciais, Toba explicaba a proposta municipal para empregar os máis de 800.000 dunha modificación de crédito: unha retroexcadavora, material para os novos empregados a través do PEL, unha partida para cubrir os gastos municipais que suporían os solicitados dous obradoiros de emprego, a obra do vestiario feminino no campo de fútbol de Arliña… eran algunha das propostas que quedaron no esquecemento.

Vilela denunciou ademais que moitas desas propostas eran do anterior goberno do que ela formaba parte, e animou a Toba a consensuar as obras. Respondeu o alcalde con graves acusacións, dicindo que Vilela “era un cáncer para Muxía”, que os edís que saíron do goberno son “uns ineptos” e que protagonizaron un exercicio de “puro transfuguismo”.

O edil nacionalista Carlos Concheiro pediron respecto ao alcalde polas súas acusacións e o seu ton. "No pleno deste xoves comprobamos a irresponsabilidade dun goberno municipal que se nega, cunha actitude prepotente e irresponsable, a dialogar e que, por enriba, non fai o seu traballo e pretende vender fume. Non conte con nós para apoialo niso", sinalou Concheiro nun comunicado posterior.

Foi a voceira popular a que presentou unha enmenda, proposta polo PP; BNG e dous edís non adscritos, para aprobar só arredor 200.000€ para varios dos proxectos presentados: a rede saneamento do Coído, a subvención a Aspadex, a subvención ao Percebe da Barca, subvención ao Asociación de Turismo muxiá, a subvención do club de fútbol, e o saneamento de Suxo, "como sempre dixemos". Lamentou Sandra Vilela a falta de consenso do alcalde.

Concheiro, que lamentou que tras recibir unha invitación ao consenso hai semanas por parte do alcalde, este quedou en nada, quixo matizar que "a moción presentada pola oposición non é unha escura maniobra nin un pacto
imposible entre forzas políticas que, como o BNG e o PP, están nas antípodas ideolóxicamente falando".

Novas relacionadas

Pleno de Muxía: Insultos e berros nun novo esperpento político