A voz satírica da mocidade muxiá xa está na rúa
Unha revista “satírica xuvenil” na que a mocidade se pregunta, partindo da reflexión sobre “despoboamento, a turistificación e os problemas medioambientais”, se esta é a Muxía que queren. Unha deliberación que se recolle moi ben neste vídeo, unha das accións virtuais creadas para apoiar a campaña:
do vídeo do spot turístico, que é o contido online que maior impacto tivo e está tendo:Un proxecto aberto
A estética lembra aquela mítica SuperPop. Unha das potencialidades do proxecto é o seu carácter aberto, intentando dar acubillo aos pensamentos de toda a mocidade da vila. Esa é a intención dos apartados “o coloquio” e “á túa opinión”, fiestras abertas a toda a xuventude que queira expresarse. Precisamente o coloquio copa a portada e nas redes tamén hai pequenas entrevistas sobre o futuro:
Onde atopalos?
Podedes seguilos nas redes: Instagram @muxiahoxe, o Facebook da @asoc xuvenil comarea e no canle de Youtube "Muxía Hoxe".
Pero para facerse cun exemplar, cómpre achegarse por:
- Muxía: Franches / Arroutada / O Porto / Praia das Lanchas / Caramba / Comercio Os García.
- Os Muíños : Peluquería Marina Busto
- Ozón: O Cachán
- Quintáns : Farmacia
- Suxo : Bar Plaza do Pilar
- Vilarmide: O Boallés
- Senande: Bar A Coxa e Bar O Rego
- Corcubión: Gavilla e no Ribeiro .
E agora que?
Ademais de disfrutar coa repercusión máxima que está tendo a revista (estase agotando cada día nos establecimentos), as vindeiras paradas serán os centros de ensino, nomeadamente o IES Ramón Caamaño. Ademais, nas vindeiras semanas subirán a revistaás redes.