Os 3 clubs costeiros demostran o noso potencial no Campionato Galego de Tiro con Arco
Volveron á competición os tres clubs de tiro con arco da comarca no Campionato Galego de Sala organizado polo Club Boa Vila esta pasada fin de semana. Arqueiros e arqueiras de Vimianzo, Ponteceso e Baio acodiron a Meis, Pontevedra para demostrar o noso potencia.
Dousxsetenta de Vimianzo
Volvía ao ruedo a familia vimiancesa do Dousxsetenta, e facíao con 4 arqueiras/os e grandes resultados.
En categoría benxamín unificada participaron Hugo Ameijeiras (8º posto) e Antía Rey, que acadou un meritorio 4º posto depois dun round espectacular no que acabou segunda, con apenas dous meses de adestramento.
En categoría Sub15, Yago Rellán acadou unha meritoria 5ª posición, mentres que Nico Soto gañaba o bronce galego despois dunha reñidas semifinais nas que os arqueiros amosaron un nivel top.
Xa o domingo achegáronse ata Meis Dorita Lavandeira e Enrique Rellán (ambos posto 18 en categoría sénior), mentres que Jose Vázquez foi quen de clasificarse para oitavos de final na que caeu por un apretado 6-4.
Flechas por un tubo de Ponteceso
Gran experiencia tamén a que viviu a familia pontecesá, que volvía con dous podios. Pedro Álvarez Pailos en junior masculino e Alan Cores Duarte en alevín masculino trouxeron a medalla de prata para Bergantiños.
Tamén participaron os alevíns Mateo Puente Balsa e Manuel Souto, que caeron en Cuartos, emais Jesús Allo, que quedou na 10ª posición en Veteranos.
O Su A Agra de Baio
Como non podía ser doutro xeito, Santi Soneira volveu cun novo podio de Meis. O baiés quedou 3º en arco espido, pero e que tamén o seu compañeiro Pablo Lage Gomez acadou o bronce en recurvo veterán. Tamén acodiu ao torneo Patricia Reche, que caeu en Oitavos.
O club baiés participará esta fin de semana no Campionato Galego 3D da Pobra do Caramiñal.