Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O tiro con arco pontecesán triunfa nos Campionatos Galegos

Flechas por un tubo campionas tiro con arco
Arqueiras do Flechas por un Tubo
O tiro con arco pontecesán triunfa nos Campionatos Galegos

Celebrouse esta pasada fin de semana en Marín, o Campionato Galego de Tiro con arco en sala. E alí estiveron representantes dos 3 clubs costeiros na materia.

Nicolas Soto do Dousxsetenta
Nicolas Soto, á dereita, do Dousxsetenta

Pola banda do Club DousxSetenta de Vimianzo, competiu o sénior Isaac Varela (non pasou o corte) e Nicolás Soto, alevín que conseguíu unha máis que meritoria 4ª posición en categoría Infantil. O cadro vimiancés non puido contar con Víctor Santos, que aínda está recuperándose dunha lesión do brazo.

Tamén estivo o Santi Soneira, e por partida doble. O arqueiro baiés do Su A Agra, un dos 3 mellores de España, participou como árbitro e tamén competiu, pero a falta de adestramento impediu quedar máis arriba da 6ª praza.

Santi Soneira de arbitro tiro con arco
Santi Soneira, á esquerda, de árbitro

A gran novidade foi a numerosa presenza do club Flechas por un Tubo, de Ponteceso con 5 representantes:

  • Lucía Castro Fondo, 13 anos de Ponteceso. (Categoría infantil).
  • Leonor Andrade Varela, 13 anos de Ponteceso. (Categoría infantil).
  • Claudia Chouciño Castro, 13 anos de Malpica. (Categoría infantil).
  • Jimena Extremera Toja, 10 anos de Corme. (categoría alevín).
  • Aroa Vigueret Martinez, 10 anos de Ponteceso. (categoría alevín).

Flechas por un tubo

Lucía Castro Fondo pasou como primeira de grupo enfrontándose en semifinais a Lía Lage Pernas do club Arco Narón, contra quen perdeu e tivo que xogarse o 3º posto contra a arqueira ourensán do club Arqueiros Eiroás Noa Docampo García, á que gañou acadando así a medalla de bronce para o club bergantiñán.

Leonor Andrade Castro tivo que enfrontarse en semifinais á arqueira ourensán do club Arqueiros Eiroás Noa Docampo García, gañando 6-2 pasou a final contra Lía Lage Pernas do club Arco Narón, volvendo a gañar 6-2 alzándose co título de Campiona Galega!!

Na categoría alevín as nosas arqueiras non tiveron tanta sorte acadando, Aroa Vigueret Martinez o 6º posto e diploma e Jimena Extremera Toja o 5º posto e diploma.

Tanto Leonor como Lucia están contentísimas e con moitas gañas de enfrontarse no campionato de España previsto para o 14 de febreiro en Valladolid.

Novas relacionadas

Comentarios