Tres arqueiras de Ponteceso, directas ao Campionato de España

Este pasado domingo as arqueiras de Ponteceso participaron no Torneo Federación "Luis Vera Moreno”, correspondente á Liga Galega. E volveron de Soutomaior con premio, pois 3 das bravas deportistas do Club Deportivo Flechas por un Tubo quedaron campionas e teñen o pasaporte para o Campionato de España.
Elas son Lucía Castro Fondo e Leonor Andrade Varela, e a alevín Aroa Vigueret Martínez, que aseguraron os puntos mínimos necesarios para acceder o Campionato de España, que se celebrará os 10 e 11 de febreiro en Valladolid.
Leonor Andrade quedou campiona e Lucía Castro Fondo foi medalla de prata na categoría de menores de 14 anos. Ademais, Aroa Vigueret quedou 3ª na categoría Alevín, mentres que a outra compañeira, Jimena Extremera Toja acadou unha meritoria 6ª praza.
