Boa actuación dos 3 competidoras do clube Kárate Do Carballo no Campionato de España de Seleccións

Viaxaban a Oviedo esta fin de semana para levar o nome de Carballo e da Costa da Morte por España. Uxía Mariño Carballeiro, Helia Iglesias Cotelo e Daniela García García, do Kárate-Do Carballo, participaban no Campeonato de España Infantil de Kárate coa Selección Galega, protagonizando unhas grandes actuacións. 

O sábado Uxía quedou ás portas de pasar a primeira eliminatoria empatando o seu combate a 2-2. Pero como a súa rival tiña a favor seu o senshu por acadar o primeiro punto, Uxía quedou eliminada e non tivo opción a repesca por quedar eliminada a contrincante na rolda de cuartos de Final.

Tamén o sábado, Helia quedou eliminada na primeira rolda por 0-2, un resultado que é moi meritorio tendo en conta que a rival, procedente da Federación de Ceuta, é unha das máis altas no Ranking nacional que vén de acadar un Ouro na última Xornada de Liga Nacional de Logroño.

O domingo foi o Turno de Daniela García, actual bronce no Campeonato galego de Kárate na modalidade de Kata Infantil. Realizou a súa Kata ó nivel desexado, con gran presencia no Tatami e 100% concentrada. Fixo pola súa banda a contrincante tamén unha gran actuación, sendo así que non todos os xuíces viron gañadora á karateka catalana. Foi o resultado de 4-1 a que deixou eliminada a Daniela, que tamén quedou sen opción na loita polo bronce por quedar eliminada a súa rival na rolda de oitavos de final.

 

Próxima cita do clube Kárate-Do Carballo en competición oficial será o vindeiro sábado 23 de maio no Concello de Maceda na terceira xornada da Liga Galega de Kárate.

Máis novas