Mércores. 01.12.2021
El tiempo

A Carreira 10K e o Trail Race traen de volta os grandes eventos deportivos a Carballo

Carballo Tral Race 2020
Imaxe da Carballo Trail Race en febreiro de 2020
A Carreira 10K e o Trail Race traen de volta os grandes eventos deportivos a Carballo
Tras case 2 anos de parón, os grandes eventos deportivos volven a Carballo. As carreiras populares Carballo Trail Race e 10K xa teñen datas reservadas no calendario: a primeira está programada para o 6 de febreiro e a segunda, para o 5 de xuño. 

A Carballo Trail Race, que conta coa colaboración da Asociación Deportiva Media Ducia, ten a particularidade de que une deporte e natureza, e permite que centos de participantes compitan nunha proba de running por camiños e paisaxes espectaculares tanto do interior coma do litoral do concello. Nas redes sociais de Carballo Trail Race e de Carballo Deporte informarán dos prazos de inscrición. 

1.418 inscricións tivo a última 10K carballesa no 2019. Así que este 2022 seguro que se baten todas as marcas.

Xunto a estas dúas importantes citas organizadas polo Concello de Carballo, nos vindeiros meses terán lugar moitos outros eventos deportivos programados tanto dende o servizo municipal coma dende o movemento asociativo.

comentarios