O Couquiño supera, con nota, a proba olímpica

Miren Lazkano no Couquiño
  • Miren Lazkano acodiu para preparar a súa participación nos Xogós Olímpicos de París
  • O dumbriés Iago Canosa logrou un tremendo 5º posto na final sénior masculina.

Púxose de longo o Campo de Slalom de O Couquiño esta fin de semana para o desenvolvemento da Copa de España absoluta. Unha proba que ademais era selectiva para os Campioatos de Europa de Slalom junior e sub23 que se celebrarán a mediados de agosto en Cracovia, Polonia, un feito que se dá por primeira vez en toda Galicia.

As xornadas piragüismo en augas bravas foron espectaculares. O río Xallas recibía deportistas do nivel de Laia Sorrives, campeona do mundo sub23 e subcampeona do mundo de Slalom por equipos, Olatz Arregui, tamén subcampeona do mundo por equipos ou Miren Lazkano, Campeona de Europa no ano 2022 entre outros múitos títulos europeos e mundiais.

Laia Sorrives no Couquiño

 

Resultados

En canto ós resultados da proba, o Club Atlético San Sebastian foi o mellor nas dúas xornadas, acompañado no podium polo Club Tea de Mondariz Balneario e o Club Santiagotarrak de Irún. O mellor resultado dun palista local foi o de Iago Canosa que alcalzoou o 5º posto na final Senior Masculina.

A Proba, cun excelente nivel organizativo por parte da Federación Galega, o CDM Piragüismo Dumbría e o Concello de Dumbría, tamén contou coa colaboración dos veciños de Olveira, da empresa Xeal que garantíu os caudais de auga necesarios para a celebración da proba, e do grupo GEAS da Garda Civil e a agrupacion local de Protección Civil, a quen a organización quere agradecer a súa colaboración.

Máis novas