O Couquiño acolleu unha completa xornada de piragüismo
Mentres segue gardando pola aprobación do proxecto da Canle de Augas Bravas, o Campo de Slalom do Couquiño, no río Xallas, segue a ser un espazo simbólico para o piragüismo galego.
Así, o Club dumbriés organizaba esta fin de semana a proba que servía para pechar o Campionato Galego de Slalom. Foi cun caudal máis alto do normal polas impresionantes crecidas, pero controlado polo encoro para a práctica do deporte, cun percorrido, moi técnico e moi esixente físicamente que foi do agrado de tódolos participantes. “Unha nova demostración da pontencialidad do Campo de Slalom de O Couquiño para acoller unha instalación permanente destas carácterísticas, e pola que tanto o CDM Piragüismo Dumbría coma o Concello de Dumbría levan anos loitando”, explican dende o club.
En canto á competición en sí, o Club Tea de Mondariz Balneario se levou a mellor a nivel de clubes, secundado no podium polo Clube Penedo de Caldelas de Tui, e o Quixos de Monforte de Lemos. A nivel individual, Cándido Carrera do Clube Tea se proclamou Campión Galego Absoluto na modalidad de K1, mentras que o internacional Borja Martinez, do Clube Penedo de Caldelas de Tui fixo o propio entre as canoas.
En categoria femenina, a gañadora en K1 senior femenino foi Laura Alonso con a local Lorena Costa no terceiro chanzo do podium.
Lorena Costa do CDM Piragüsmo Dumbría única medalla costeira
En canto á participación do clube local, o CDM Piragüismo Dumbría, aínda que non foi moi numerosa, si que foi boa, acadano cinco finalistas; nas categorias senior ademáis do podium de Lorena Costa hai que destacar obligatoriamente o excelente cuarto posto de Laura Antelo tamén no K1 sénior femenino. Tamén foron finalistas os seniors Marco Oreiro nas canoas e Marcos Sánchez nos kayaks, así coma o xuvenil Xián Caamaño en K1.