Máis de 20 clubs de toda a península participaron na Copa de España de Slalom do Couquiño

Finalmente púidose celebrar a importante Copa de España de Slalom no río Xallas, no tramo coñecido coma O Couquiño, que aspira a ser Canle Olímpica. 220 participantes, e 21 clubes de toda España, ademais de varios portugueses achegábanse á nosa comarca noutra demostración desa aposta do Concello de Dumbría por albergar probas deportivas de alto nivel como reclamo turístico e como motor económico, provocando directamente un cheo total nos aloxamentos da comarca.
A pesar do malestar por parte da expedición por non poder ter adestrador na xornada de venres pola celebración dun campionato de pesca, a proba foi un éxito rotundo. Moitísimo público achegouse ás beiras do río nas xornada do sábado e do domingo, para ver como novos e novas deportistas de toda a peninsula gozaron dun exelente escenario que este verán acollerá a Copa de España selectiva para os Campionatos do Mundo Junior e Sub23.

En canto a competición, repetiuse o podium da pasada tempada, e o Atletico San Sebastian quedou campión por delante do Mig Segre e o Santiagotarrank. O mellor equipo galego foi o Tea de Mondariz Valneario, cun quinto posto, mentras que o CDM Piragüismo Dumbría coa participación de Iera Gerpe e Iván Llaria no K1 infantil non foi quen de alcanzar as finais.
A vindeira cita da Copa de España de Promesas terá lugar os vindeiros días 21 e 22 de xuño en Irún, Guipuzcoa.