Elian Numa pecha unha colosal temporada colosal proclamándose Campion Galego Absoluto de 800m

Elian Numa no alto do podio

Inmellorable broche para esta histórica temporada que pode significar un antes e un despois para Elian Numa. O atleta ceense, con aínda 21 anos e todo un mundo por diante, vén de pechar o curso proclamándose Campión Galego Absoluto na proba de 800 metros ao aire libre na cidade de Vigo, no marcos LXXVIII Campionato de Galicia Absoluto.

A final tivo lugar ás 19:00 horas, e onde Elian Numa demostrou que actualmente é o mediofondista galego con maior proxección, como o ratifica a súa semifinal nos últimos Europeos.

Recoñecía ao remate da proba que lle quedo a espiña de facelo aínda mellor no nos Europeos pero

Elian, que partía como favorito, e así o demostrou. Tomou o mando dende a primeira volta, e xa non deixou o primeiro posto, estirando e estirando o grupo, sacando un bo treito a Lucas Fdez.

Así foi o ano de Elian:

  • O Campionato Galego Absoluto de 1500 m en pista cuberta o 14/03/2021.
  • Consecución da súa mellor marca na proba de 800m. lisos ao aire libre cun tempo de 1.47.87 en Granada o pasado 30/05/2021 (mellorando considerablemente a súa marca persoal anterior de 1.49.87).
  • O Subcampionato de España sub23 aire libre na proba de 800 m. lisos o 26/06/2021 en Nerja. (reditandoo por segundo ano)
  • Participación no Campionato de España Absoluto, fai unhas semanas, non podendo clasificarse para a final pero entrando en segundo lugar na súa serie clasificatoria por detrás do atleta olímpico español que participará na próxima cita Olímpica Tokio, Adrián Ben.
  • Semifinalista dos Campionatos Europeos de 800 m.

 

NOVAS RELACIONADAS