Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Elian Numa repite como subcampión de España Sub23 nos 800m e pensa nos Campionatos de Europa

Elian Numa
Elian Numa na saída dos Campionatos de España
Elian Numa repite como subcampión de España Sub23 nos 800m e pensa nos Campionatos de Europa

Volveu subir ao podio nuns campionatos de España, e fíxoo de novo como Subcampión en categoría de 800 metros lisos sub23. O ceense Elian Numa segue superando fitos, e desta volta foi no Campionato de España celebrado en Nerja, emulando o conseguido o ano pasado. O atleta costeiro quedou a só 3 décimas de Javier Mirón Caro.

Esta prata dalle ademais o pase para o Europeo sub23 que se celebrará en Estonia do 8 aop 11 de xullo, na que volverá competir coa vermella da Selección Española.

Novas relacionadas

 

comentarios