Sábado. 20.07.2019
El tiempo

ATLETISMO

Un campión de España e dous de Galicia para a familia deportiva de Cee

Elian Numa, Campión de España
Elian Numa, Campión de España
Un campión de España e dous de Galicia para a familia deportiva de Cee

O deporte de Cee está de noraboa, vivindo unha impresionante fin de semana espectacular con tres títulos, dous a nivel galego e un estatal.

Elian Numa López Iglesias, chamado a grandes fazañas, converteuse o pasado sábado en Campión de España de 800m, tras vencer no Campionato de atletismo en pista cubierta Sub 20, celebrado en Madrid. O atleta que o ano pasado acadaba unha valiosa prata na mesma categoría, este ano dá un salto no podio e buscará meterse no Mundial.

Ademais, tamén se celebraba o Campionato galego Sub16, na pista cubierta de Ourense. Ata alí se desrapzaban dous atletas do AD Olimpia, que non podía ter mellor actuación. Xiana Lago convertíase na nova Campiona Galega en Peso e conseguiu a marca mínima para poder participar no vindeiro Campionato de España.

Miguel Quintáns facía o propio na proba de 300metros.

Miguel Quintans e Xiana Lago do Olimpia

Novas relacionadsa

Comentarios