Martes. 23.04.2024
El tiempo

Elian Numa López campión galego nos 1000m obstáculos

Elian Numa López campión galego nos 1000m obstáculos
Elian-Numa-no-mais-alto-do-poido-do-Campionato-Galego

Este pasado sábado 25 de xuño o Atleta do Club Asociación Deportiva Olimpia Elian Numa López, proclamouse campión galego nos 1000 m. obstáculos no Campionato Galego de Atletismo en Pista, que celebraron no Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo. E o fixo cunha fantástica marca de 3 min 22 seg.

Elian, infantil, nado no 2000, natural de Cee cursa 1º de ESO no colexio Manuela Rial Mouzo, e comezou este ano os seus adestramentos no Atletismo da man de Jorge Lariño, Responsable Técnico da Escola de Atletismo Olimpia.
Previamente xa tomara contacto con este deporte a través das probas escolares. E en canto se decatou de que comezaba a funcionar no Concello de Cee esta Escola de Atletismo non dubidou en apuntarse na mesma. Practica atletismo dous días a semana dende outubro, e sen apenas adestramento específico de obstáculos, mostrou un bo feeling con esta proba dende o seu debut na mesma… feito que levou ao atleta e ao seu adestrador a decantarse por esta proba para afrontar os campionatos provinciais, nos cales xa había logrado a pimeira plaza cunha marca de 3 min 23 seg. coa que se colocaba como a mellor marca galega do ano. Polo que partía como un dos favoritos da proba no Campionato Galego, e saíu dominar a mesma dende o principio, encabezando a cabeza da carreira e impoñendo o seu ritmo de principio a fin.

Boa participación costeira

Nesta Campionato tamén participou Javier Rodríguez, outro atleta da escola de Olimpia, nado no 2001, estudante do colexio Santa Eulalia de Dumbria, que tamén tivo un papel destacado na proba dos 3000 ml, onde a pesar de non poder estar nos tempos esperados, mostrou unha actitude competitiva en todo momento da proba, demostrando tamén o seu enorme potencial. Javi quedou finalmente na 9ª posición, mentres que a tamén dumbriesa Anaraida Pérez Caamaño, quedou 7º, na proba de lanzamento de disco.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Olimpia.

Comentarios