Elian Numa volve clasificarse o Campionato de Europa coa Selección Española

Este domingo participaba no Meeting de Atletismo Paco Sancgez Vargas en Granada. Unha proba puntuable na que o ceense Elian Numa acadaba a segunda praza. Pero o máis importante, é que pulverizou a súa propia marca en 800 metros libres, cun 1:47.87 (a anterior que tiña era 1.49.11), que lle permitirá participar de novo no Campionato de Europa Sub23 coa Selección Española.

Un Campionato que será do 8 ao 11 de xullo en Estonia, onde o ceense intentará facer un gran papel, pois se atopa nun excelente estado de forma. Hai apenas un mes rompía a súa mellor marca en 1.500, e en febreiro quedaba campión galego absoluto nesa mesma distancia. A carreira de onte así o demostrou. O atleta do Coruña Comarca pasou os primeiros 400€ en 6ª posición, e a súa segunda volta foi excepcional chegando ademais á recta final con forza para superar ao 2º.

 

Novas relacionadas