Elian Numa volve clasificarse o Campionato de Europa coa Selección Española
Este domingo participaba no Meeting de Atletismo Paco Sancgez Vargas en Granada. Unha proba puntuable na que o ceense Elian Numa acadaba a segunda praza. Pero o máis importante, é que pulverizou a súa propia marca en 800 metros libres, cun 1:47.87 (a anterior que tiña era 1.49.11), que lle permitirá participar de novo no Campionato de Europa Sub23 coa Selección Española.
Un Campionato que será do 8 ao 11 de xullo en Estonia, onde o ceense intentará facer un gran papel, pois se atopa nun excelente estado de forma. Hai apenas un mes rompía a súa mellor marca en 1.500, e en febreiro quedaba campión galego absoluto nesa mesma distancia. A carreira de onte así o demostrou. O atleta do Coruña Comarca pasou os primeiros 400€ en 6ª posición, e a súa segunda volta foi excepcional chegando ademais á recta final con forza para superar ao 2º.
Novas relacionadas
- Abril 21: Elian Numa supérase a si mesmo.
- Febreiro 21: Xiana Lago, subcampiona de España sub18 de peso; e Elian Numa campeón galego absoluto de 1500.
- Setembro 2020: Elian Numa, volve subir ao podio do Campionato de España sub23
- Marzo 2020: Elian Numa, candidato a mellor atleta galego sub23.
- Febreiro 2020: Elian Numa proclamouse subcampión de España sub23 e mantén a condición de Deportista Galego de Alto Nivel.
- Xullo 2019: Cee recoñece o encomiable palmarés, e o futuro, do seu atleta Elian Numa.
- Marzo 2019: Un campión de España e dous de Galicia para a familia deportiva de Cee.
- 2013: Elian Numa López campión galego nos 1000m obstáculos.
- 2013: Dous atletas do Olimpia proclámanse campións da zona .