Venres. 03.05.2024
El tiempo

Flechas por un Tubo levou arqueiros bergantiñáns a Meis para lembrar a Luís Vera Moreno

Tiro con Arco
Flechas por un Tubo levou arqueiros bergantiñáns a Meis para lembrar a Luís Vera Moreno

O Club pontecesán Flechas por un Tubo participou esta pasada fin de semana con varios arqueiros no III Torneo Federación Luís Vera Moreno, celebrado en Meis (Pontevedra). Unha xornada rodeada dunha excelente compañía, con arqueiros de moitos lugares de Galicia. Un día moi especial para o tiro con arco galego, no cal lembraron a Luís Vera Moreno, membro da Federación Galega de Tiro con Arco.

No deportivo, unha vez máis os nosos arqueiros alcanzaron varios podios.

Flechas por un tubo

Na categoría de recurvo benxamín masculino, Adrián González Lema fixo medalla de oro. Mentres que na categoría de recurvo alevín masculino, Manuel Souto García trouxo a medalla de prata.

Ademais, na categoría de recurvo cadete masculino, Pedro Álvarez Pailos fíxose coa medalla de prata e co título de campión da liga Galega. Pedro colócase ademais no posto 32º do ránking estatal.

Na categoría de recurvo cadete femenino, Lucía Castro Fondo foi medalla de bronce e quedou no segundo posto na liga Galega.

E finalmente Leonor Andrade Varela acadou a cuarta posición no campionato o o terceiro posto na liga Galega .

O club felicita tamén a outros deportistas que se seguen a superar a si mesmos como Carlos Andrade Castro, Sergio Iván Fernández Souto, Mari Carmen Estramil, Jesús Antonio Allo Gómez, Jesús Antonio Allo Castro ou Manola Castro Martínez que foi a única competidora na categoría femenina veterana.

A vindeira cita, o o domingo no Campeonato Galego de Equipos de Clubs en Arteixo.

Máis novas

Comentarios