Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Gran Fondo Ezequiel

Marcos Ordóñez escalando o Muro do Gran Fondo Ézaro 2018
Marcos Ordóñez escalando o Muro do Gran Fondo Ézaro 2018. Foto: JParri
Gran Fondo Ezequiel

O ciclismo ten algo que o fai diferente: a maioría da xente non entende que se poida sufrir e disfrutar ao mesmo tempo. No Gran Fondo Ézaro esta dicotomía levase á máxima expresión, pola beleza do recorrido, polo ambiente da proba e polas terribles costas que hai que subir.

Pero tamén se convertiu nun fito económico sendo un exemplo de como un evento repercute na zona, neste caso gracias a inciativa do Concello de Dumbría e Ezequiel Mosquera (Emesports).

Comencei a admirar a Ezequiel Mosquera cando era corredor, desgallitándome a berros ao seu paso polo Angliru, Lagos de Covadonga ou na Bola do Mundo. Despois tiven a sorte de coñecelo como persoa, representa ao bo galego: humilde, traballador e con sentido do humor. E faltaba a súa faceta de empresario: investindo na súa terra e, en consecuencia, xerándolle actividade a outros emprendedores.

En todas a edicións do Gran Fondo pódense presenciar exemplos da repercusión económica que ten na zona: como cando pasábamos pola Praia de San Francisco puiden escoitar como uns portugueses, abraidos pola súa beleza, decidían alongar a estancia un día máis para poder disfrutar dela; ou como estando nun avituallamiento a pé da Barca de Muxía unha grupeta de ourensáns dicían que escoitaran falar do Camiño dos Faros e que querían voltar para facelo; ou como varios participantes de Madrid estaban na meta falando a onde irían a comer unha mariscada….

Porque gracias a eventos deportivos como o Gran Fondo Ézaro o panadeiro vende máis pan, o mariñeiro pode vender máis caras a súas capturas e na gasolinera poñen máis gasolina…  e aínda non puxen exemplos de empresas de turismo ou hostelería. 

Xerando actividade non só os días do evento, senón que eses visitantes falan da zona cos seus amigos cando voltan as súas casas, meten fotos nas redes sociais dos nosos lugares máis emblemáticos ou voltan máis adiante coa familia a ver algo que lles quedou pendente ou adestrar noutros periodos do ano. Ademais propiciando un turismo de calidade e ordenado, non dado a autobuses e bocadillos de chorizo.

Pois aínda queda xente que ve os eventos deportivos como inimigos porque lle causan molestias, porque cortan unha rúa e toca o claxon en sinal de protesta ou porque non hai onde aparcar ese día ou por aglomeracións nalgunha zona…. Outra cousa sería por un partido de fútbol ou actuación de Panorama, pero non tolera molestias na súa vida por unha carreira ou unha marcha ciclista.

Teñamos claro unha cousa, nos guste ou non:

Para que a os empregados nos vaia ben primeiro tenlle que ir ben a os empresarios.

Para que a o sistema público lle vaia ben primeiro tenlle que ir ben as empresas.

Algún non quere entendelo, pensa que o benestar o xeneran os políticos.

E outros dirán que xa o sabían… pois eu diríalle que a veces parecen non sábelo.

O benestar é unha roda e os que máis mérito teñen son os que lle dan o empuxón inicial, os que arriscan poñendo en marcha os seus proxectos… oxalá gañaran máis cartos pero como mínimo xa deberían ter gañado o noso agradecemento.

  • Marcos Ordóñez Rodríguez. Economista e Cicloturista.

Novas relacionadas

Comentarios