2ª FUTGAL: O Xallas fica líder en solitario

Con contundencia queda líder en solitario o Xallas de Doriño, tras vencer 4-0 ao San Lorenzo na casa no choque adiantado ao sábado. Os xalleiros desmárcanse dun Malpica que non foi quen de sacar nada positivo do Novo Cubaleiro, ante un Corcubión que leva un comezo de liga fantástico, sendo o único equipo da categoría que non coñece a derrota.
Mantense o Outes empatado co Malpica na segunda praza tras superar ao Monte Louro.
Ademais, a nota da xornada foi a estrea, con vitoria soneirá, do novo Campo Irmandiño. A vindeira semana tócalle comezar as obras de renovación do céspede do Platas Reinoso do Baio.
Xallas - San Lorenzo (4-0)
- Xallas: Iván Couto, Elvis, Adrián Couto, Macareno, Peke, Yago Facal, Dani Barbeira, Adrián Couto, Rubén Sande, Rubén Blanco e Sergio Barbeira. Tamén Martín, Jallas, Íker, Julián e Pablo Landeira.
- San Lorenzo: Javi Souto, Lozano, Alberto Campos, Pablo Garrido, Manu, Pape, Alex Iglesias, Álex Vázquez, Hugo Pereiro, Iago López e Javi Pérez. Tamén: Mario, Dani Cotelo, Diego Varela, Adrián, Hugo Pensado.
- Goles: 1-0, m.21: Bryan de penalti cometido sobre Macareno; 2-0, m.55: Bryan; 3-0, m.65: Rubén Sande; 4-0, m.89: Rubén Blanco tras unha longa presión.

Non comezaron moi finos co balón os xalleiros, e era o San Lorenzo o que entraba mellor no partido, dominando ben e tendo varias aproximacións á área de Iván Couto. Pero pouco a pouco, os locais, buscando balóns directos, foron xerando máis ocasións. Nunha desas xogadas longas Macareno sufría un penalti e Bryan non fallaba. O partido foise ao descanso sen moito máis.
Na segunda, o Xallas corrixiu varias zonas, e a base de balóns arriba, buscando sobre todo a banda de Rubén Blanco, foron chegando os goles de Bryan, Sande e o propio Blanco xa contra o final.

Sofán B - Baio (1-1)
- Sofán B: Eloy, Marcial, Diego, Iván, Eloy Cabeza, Dani Calvete, Christian, Iraitz, Asier, Nachete e Adrián Vázquez. Tamén: Diego Rama, Mateo, David, Dani e Brais Simal.
- Baio: Rodri, Costiña, Pazos, Miguel, Gabin, Carreira, Manu Vila, Alex Muíño, Sergio, Damián Zas e Cheti. Tamén: Julián, Javi Muíño, Norberto, Fernando e Chechi.
- Goles: 1-0, m.26: Nachete no rexeite dunha falta; 1-1, m.92: Damián Zas de falta.
Partido moi vivido no Carral, que comezaba cos de Gonzalo apretando moito arriba, ante un Baio que esperaba atrás colocado, sacando algunha contra e algunha perigosa xogada a balón parado. Tamén os de Zalo, que levaba o peso do partido, avisaban con algunha chegada á meta de Rodri, sobre todo en xogadas por banda, pero os baieses non sufrían demasiado. Nachete abría o marcador aproveitando un rexeite e Adri puido poñer o 2-0 nun cabezazo que se marchaba fóra.
Parecía que o partido se metía de cara para os locais ao comezo da segunda, trala expulsión do baiés Manu Vila, pouco antes de Iraizt fallase, case sen porteiro, o que puido ter sido a sentenza. Pero o Baio reaccinou, e comezou a colgar balóns, mesmo mandando a Norberto arriba. Pasaban os minutos e os de Diego Lobelos, a pesar de estar con 10, meteron aos carballeses na súa área, ata que Damián Zas, de fermosa falta, empataba o partido.
Os dous equipos marcharon pensando que perderon 2 puntos.
Outes - Monte Louro (4-2)
- Outes: Dani, Stefan, Claudino, Sanchiño, Jura, Hugo, Adrián, Kevin, Martín, Alberto e Keko. Tamén: Rubén, Sergio Santamaría, Veleiro, Ryam e Eloy.
- Monte Louro: Pedro, Rodri, David Pais, David Lestón, Héctor; Abel, Óscar Fari, Flavio, Íker, Javi e Manu de Yi. Tamén: Martín, Manolo Chouza, Xián, Rapante.
- Goles: 1-0, m.12: Hugo Caamaño tras un erro entre defensa e porteiro; 2-0, m.29: Sanchiño; 3-0, m.36: Keko; 4-0, m.45: Keko; 4-1, m.48: Óscar Fari; 4-2, m.82: Íker dende fóra da área pola escuadra.
Dúas partes diferenciadas que deixan os puntos no Cunchido, cunha vitoria xusta para os de Geno. Comezaba dándalle moita velocidade ao xogo o cadro de Geno, sendo moi verticais e con moita profundidade ante un Louro desaparecido, que fixo a peor primeira metade do que vai de liga. Foron chegando os goles.
Cambiou o conto na segunda, cun Louro que comezou a xogar directo, conseguindo gañar os segundos balóns, e foi recurtando, obrigando aos locais a empregarse nos balóns aéreos, pero o partido xa estaba demasiado custa arriba.
Corcubión - Malpica (3-2)
- Corcubión: Bruno, Isaac, Andrés, Mario, Antón, Martín, Jon, Samu Rama, Luís Lojo, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Rubén, Jose, Alex Díaz, Iker, e Samu Trillo.

- Malpica: Abdou, Anxo, Pablo, Damián, Mario Pose, Raúl, Luis, Cristian, Saydou, Aday e Chicha. Tamén: Joel, Saúl, Garci, Camilo e Fran.
- Goles: 1-0, m.9: César Lojo; 2-0, m.40: César Lojo en velocidade tras un balón ás costas da defensa; 3-0, m.60: César Lojo de penalti cometido sobre Jon; 3-1, m.70: Saydo de penalti; 3-2, m.82: Fran.
Bo partido o vivido no Cubaleiro con emoción ata o final. Comezaba mellor o cadro de Ángel Ventanas e Isi, que defendía ben e saía moi ben ás contras cun César Lojo espectacular. Era o punta corcubionés o que abría o marcador nunha xogada na que só confiaba el na pelexa e acababa metendo a punta do pé para superar a Abdou. Dominaban os locais que tivo varias ocasións e mesmo un balón ao pau de Mario. Pero nun arreón dos visitantes no último treito da segunda, con varios córners seguidos e obrigando a Bruno a facer un paradón, na contra facía o segundo o Corcubión de novo gracias á calidade de César.
Igualábase algo a contenda na segunda, pero un penalti permitía completar ao César o seu triplete, no que parecía resolver o partido. Pero pouco despois, Andrés cometía un inútil penalti e ademais era expulsado protestar, permitindo que os de David Baña se metesen no partido. Empurraron os visitantes, sabedores de que necesitaban puntuar para seguir a estela do Xallas. Luís facía o segundo a 10 do final, aínda cun mundo por diante. Sufriu o Corcubión do lindo para manter os puntos tendo os visitantes unha última de Anxo de cabeza que saiu rozando o pau e Camilo outra na que tamén se foi por pouco.
Corme - Porteño (3-0)
- Corme: Quique, Hugo Paredes, Rubén, Eloy Villar, Aitor, Brais Pailos, Borja Torrado, Teo, Lucas, Isra e Samu Costa. Tamén: Yago, Iván, Xoel Castro, Álvaro Sanz, e Xoel Amado.
- Porteño: Mariolo, Rodri, Brais Mouzo, Iván Lema, Álvaro, Baba, Martín, Darío, Alfredo, Alan e Yuyo. Tamén: Joel, Jose, Mayor, Bruno, e Carrabete.
- Goles: 1-0, m.52: Samu Costa; 2-0, m.66: Isra; 3-0, m.87: Hugo Paredes.

Primeira parte igualada no Cairo, sen ocasións para os dous equipos, apenas unha de Baba que salva Quique e algunha dos locais que sacan os da Ponte na área pequena.
Comezaba a segunda e Samu Costa aproveita un regalo da defensa dos de Mayor e Alberto Bértola par abrir o marcador. A partir de aí os visitantes desapareceron e o Corme foi superior ampliando a renda.
Muros - Ponteceso (0-2)
- Muros: Aitor, Javi, Alon, Fran, Peski, Jesús, Xaco, Benji, Juan, Dani, Xavi. Tamén xogaron: Je, Fastu, Ra e Álex.
- Ponteceso: Darío, Cotelo, Pedro, Luca, David, Juanjo, Alberto Recarey, Javino, Martín Puente, Neira e Iván Rod. Tamén: Ures, Rama, Eloy Álvarez, Dani Rod, e Adrián Pose.
- Goles: 0-1, m.1: Alberto Recarey dende 35 metros por riba do porteiro; 2-0, m.64: David Lema a pase de Eloy Álvarez.
Arribaba o Ponteceso no Eleuterio Balayo de Muros e nada máis comezar o partido púxose de cara aos de Jorge Guillamet de forma temperán, cando o mal rexeite do saque muradán fruto da presión do dianteiro recalou en Alberto Recarey, quen dende o centro do campo ensartou unha fermosa vaselina que deixou xeado ao porteiro rival e ao Eleuterio mudo. Non reacciou o equipo de Joaquín Quintáns durante a primeira metade, na que o Ponteceso comandou gracias a xogo directo polas bandas e a unha defensa férrea que repelía os balóns directos da zaga. Puido resolver o Ponteceso o partido na primeira metade, pero a falta de acerto da vangarda deixaba o encontro aberto para a segunda metade.
A segunda parte arreciou o Muros, quen a través da súa velocidade e xogo directo comezaba a ter algunha que outra ocasión a balón parado, cun Ponteceso que se resguardecía cunha defensa tenaz que apunto estivo de sucumbir nun mal rexeite que rebañou o capitán do Muros, sendo milagrosamente despexado na liña por Javino. Os cambios do estratega Guillamet mantiveron o bo facer do equipo, aproveitándose dun Muros emborcado no ataque para orquestrar unha magnífica contra as ordes do “príncipe” Eloy Álvarez que deixou en bandexa o tanto a David Lema, entrando o balón con intriga ante o toque do porteiro. Desta forma, os tres puntos quedaban no taboleiro da vila de Pondal, que se posiciona na parte noble da clasificación tras tres vitorias consecutivas, dúas delas en territorio hostil.
Soneira - Mazaricos (5-0)
- Soneira: Pity, Héctor, Iván Blanco, Adrián Canosa, Nico, Javi Lema, Brais, Oreiro, Pichi, Richi e Vía. Tamén: Dono, Sergio, Cachi, Gabi e Carlos.
- Mazaricos: Samu Arosa, Luís Mayán, Samu Blanco, Borja, Chumiko, Álvaro, Marcos, Fran Pose, Mario Roo, Molinos e Kevin. Tamén Samu Lema, Yago Dosil, Raúl, Alex Calvo e Sergio.
- Goles: 1-0, m.2: Adrián Canosa; 2-0, m.59: Pichi de córner directo; 3-0, m.73: Pichi de córner directo; 4-0, m.80: Pichi; 5-0, m.86: Gabri.
Tras cinco partidos fóra polas obras no campo e unha serie negativa, o regreso a casa do Soneira ao novo Campo Irmandiño, trouxo enerxía e unha vitoria contundente aos de Josiño Abelenda. O Soneira foi superior ante un Mazaricos que cometiu erros claves nas dúas áreas, e que non soubo facer lectura dun choque que xa se colocaba de cara para os locais nada máis comezar. Durante a primeira metade os locais xeraron varias ocasións, aínda que faltou calma para ampliar a vantaxe. Os amarelos buscaban xogo directo e profundidade, ben controlado pola defensa local.
Na segunda parte, con axustes para atacar a liña de cinco rival, chegaron os goles: dous de córner directo, outro tras transición conducida por Sergio e finalizada por Pichi, autor de tres tantos. Pechou o marcador o xuvenil Gabri cunha brillante acción individual.
Zas - Cabana (3-2)

- Zas: Guille, Anxo, Moha, Adri Rama, Joel, Adri, Fran Gavin, Juan Touriñán, Brais, Redondo, Salah. Tamén: Pereiras, Álvaro Fari, Mauro e Iago.
- Cabana: Marcos, Aarón, Alex Costa, Noé, David Rey, Ferreiro, Miguel, Blas, Diego Castro, Julián e Xabi Parga. Tamén: Diego, Hugo Lema, Simón, Brais, Pablo Pose.
- Goles: 1-0, m.15: Redondo; 2-0, m.26: Salah; 2-1, m.36: David Rey; 2-2, m.45: David Rey de penalti; 3-2,m .52: Juan Touriñán.
Partido intenso en San Andrés entre dous equipos que chegaban empatados a puntos e coa mesma fame de vitoria. Saíron mellor os de Rubén Forján e Alfredo Pereiro, ante un cadro de óscar Mingui desaxustado defensivamente. Os locais imprimían máis velocidade, atopando boas combinacións en campo rival, abrindo o marcador obra de Redondo, que culminaba unha excelente xogada colectiva. Á media hora, Salah ampliaba distancias tras un centro medido de Adrián Rama, poñendo o 2-0.
O Cabana, lonxe de baixar os brazos, espertou e pronto diferenzas nunha falta lateral ben executada por Blas que remataba David Rey. Antes do descanso, un penalti no saque de banda cometido sobre Castro permitía aos cabaneses igualar a contenda.
Tralo paso por vestiarios, o Zas volveu saír con ritmo e determinación. Un pase filtrado de Redondo, do melloriño do partido, deixou a Juan Touriñán só ante o porteiro e non perdoou, asinando o 3-2. A partir de aí, o duelo converteuse nun choque aberto, con moita intensidade e interrupcións, no que o Cabana, ata quedar con 9 polas lesións de Migueliño, Blas e Hugo (critican a dureza dos locais no último tramo do partido), puido ter recortado sobre todo nun disparo de Simón que se estrelaba no longueiro.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.