domingo. 08.12.2024
El tiempo

As novas promesas femeninas, protagonistas da fin de semana de tenis de mesa en Zas

Ana e Miriam
Ana e Miriam
As novas promesas femeninas, protagonistas da fin de semana de tenis de mesa en Zas

Dúas tarde cheas de tenis de mesa foron as que se viron no ximnasio do CPI de Zas e coas mulleres novas como protagonistas principais. Máis animado estivo o sábado e con moito público, pois se enfrontaban os de VTM Pinturas Figueiras de Vimianzo e AD Zas Dimobel Bazar Baio nun derbi comarcal. Ademais as chicas de AD Zas Construcciones Cernadas querían desquitarse das de CTM Coruña e tiveron o seu apoio.

Nos desprazamentos non houbo resultados positivos tanto para AD Zas Ponciano Nieto en 2ª Nacional masculina, comopara o Concello de Mazaricos en 3ª Nacional como para AD Zas O Pinar en 2ª Galega. Nos encontros da Zas foron resultados moi positivos pois AD Zas Construcciones Cernadas gañou os dous encontros en 1ª Galega, AD Zas Dimobel Bazar Baio gañou un e perdeu contra os de Vimianzo e o domingo pola tarde as de AD Zas Cafeteria Talladas so cederon ante as de Oroso.

2ª División Nacional Femenina

  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Oroso Rios Sangiao (1-3)
  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Concello Mazaricos (3-0)
  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - SD A Baña (3-0)
  • Resultado: Concello Mazaricos - Oroso Rios Sangiao (0-3)
  • Resultado: Concello Mazaricos - SD A Baña (0-3)
  • Resultado: SD A Baña . Oroso Rios Sangiao (1-3)

Partidos moi competidos na tarde do domingo entre as novas promesas femeninas da comarca, a veces un marcador de 3-0 non indica o igualado que foi o partido. Asi o AD Zas Cafeteria Talladas puido gañar as de Oroso con solo centrarse un pouquiño mais no dobre, e o mesmo poderon facer as de SD A Baña. Os partidos mais igualados foron os disputados entre As zasences e as do val da Barcala. Con todo moito compañerismo cando non se disputaban os partidos entre elas. Pouco a pouco vese a progresión de todas.

2ª Nacional masculina

  • Resultado: Galmédica Ourense - AD Zas Ponciano Nieto (5-1)

Non sairon nada ben as cousas aos de AD Zas Ponciano Nieto en Ourense, xa que non é normal que Edu Quintela perda os dous partidose mágoa tamén de Alex Blanco que xogou moi ben pero non foi capaz de resolver no quinto set para gañar o primeiro dos partidos. Moi ben Brais Blanco gañando a Antonio gómez e no ultimo xa desmoralizado polos reveses non conseguía gañalo. Non se sabe moi ben por que, pero as cousas cando non están para sair non saen. Os de Zas teñen pouco entrenamento e iso estase noyando nos ultimos partidos que xogan.

3ª Nacional masculina

  • Resultado: CTM Coruña - Concello Mazaricos (4-2)

Tiñan poucas esperanzas de acadar algo positivo en A Coruña os de Concell de Mazaricos, pero posibilidades habiaas e estiveron moi cerca de gañar, so lles faltou algo de fortuna ou mellor dito templanza en puntos clave para traer a victoria, a trnquilidadee a templanza que non lles faltou aos veteranos do CTM Coruña. A clave estivo no partido entre Miguel Rey e Fco Gonzalez no que a Miguel estivo moi cerca, pero canto mais cerca via que podia gañar mais se apuraba e os puntos escapaban. Moiben José A. Lado nos individuais, faltalle pensar mais para xogar os dobres. David segue na súa linea de aprender cada día mais. Unha mágoa de non traer a victoria que se lles resiste para ter a tranquilidade da permanencia que non chega e os resultados dos outros encontros tampouco favorecen

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - CTM Coruña B (4-0)
  • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - CTM Coruña A (4-1)

Pouca historia tiveron os partidos desta primeira Galega salvo o desquite que querian facer Ana e Miriam da derrota sufrida ante as mesmas xogadoras en primeira femenina. con esas ganas entreron moi enchufadas nos partidos e non deron opcion as rivais, solo a confianza lle fixo perder o partido a Miriam no que dispuxo de moitas bolas para gañalo. no dobre tamén lles paso o mesmo, un esceso de confianza fixo que chegaran ao quinto set despois de gañar claramente os dous primeiros. resaltar que o encontro conta CTM Coruña A foi adiantado pois coincidian no vindeiro sábado case as mesmas xogadoras. Con esras victorias o AD Zas Construcciones Cernadas segue na terceira plaza do seu grupo.

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Club del Mar Infantil (4-2)
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - AD Zas Dimobel Bazar Baio (4-1)
  • Resultado: RC A Estrada - AD Zas O Pinar (4-2)

O partido da xornada foi o protagonizado por José Antonio Pazos e Francisco Paz que se resolveu favorable ao primeiro con moito nerviosismo por ambolos dous, pero xa se levaban retando tempo nos adestramentos, e unha cousa é nos entrenos e outra cando o partido é oficial. No resto resaltar quecontra os de Club del Mar de A Coruña parecía que nigún dos xogadores de AD Zas Dimobel Bazar Baio sabía xogar, a cabeza estaba xa no seguinte contra os de Vimianzo. Os de VTM Pinturas Figueiras coa victoria do sábado poden adiantalos na clasificación. Por outro lado, o AD Zas O Pinar pudo gañar na súa viaxe A Estrada, a clave estivo no partido de dobres donde Laura García e Manuel Barreira (Budi) non souberon rematalo, puxeronse 2-0 e logo relaxaronse.

Vindeira cita

Os Compromisos para o vindeiro fin de semana son:

Sábado 2 de marzo, no pavillón municipal de Zas:

  • 1ª Nacional femenina, 5ª concentración
    10'00 h AD Zas Aluminios Xeal - Monte Porreiro Confiteria Capri
    10'00 h Breogán Oleiros Femenino - Cinania Femenino
    10'00 h CTM Coruña - Monte Porreiro Promesas
    12'00 h AD Zas Aluminios Xeal - Ribadumia TM
    12'00 h Breogán Oleiros Femenino - Monte Porreiro Confiteria Capri
    12'00 h CTM Coruña - Cinania Femenino
    16'00 h AD Zas Aluminios Xeal - Cinania Femenino
    16'00 h Breogán Oleiros Femenino - Monte Porreiro Promesas
    16'00 h CTM Coruña - Ribadumia TM
    18'30 h AD Zas Aluminios Xeal - Monte Porreiro Promesas
    18'30 h Breogán Oleiros Femenino - Ribadumia TM
    18'30 h CTM Coruña - Monte Porreiro Confiteria Capri
  • 2ª Nacional masculina
    ​17'00 AD Zas Ponciano Nieto - Vilagarcía TM
  • 3ª División Nacional masculina
    17'00 Concello Mazaricos - SD Ribadeo Carneros TTPRO
  • 2ª División Galega, en A Coruña
    17'00 Hípica Coruña - AD Zas Dimobel Bazar Baio

 

  • Domingo 3 de marzo de 16'00 a 19'00 Liga Malov en Sigüeiro, Oroso. Ata Sigüeiro desprazanse xogadores da comarca para participar nesta liga cunha cita mensual. Nesta ocasión irán poucos xogadores.

Comentarios