venres. 08.11.2024
El tiempo

O AD Ponciano Nieto e o Concello de Mazaricos aférranse á permanencia

O AD Ponciano Nieto e o Concello de Mazaricos aférranse á permanencia
AD Dubratambre-Concello de Mazaricos de tenis de mesa Imaxe do AD Dubratambre-Concello de Mazaricos Xornada moi positiva para os equipos de tenis de mesa do AD Zas pois conseguiu as tres vitorias de tres posibles, tanto en 2ª Nacional, en 3ª Nacional e en 1ª Galega. Ademais en 2ª Galega enfrentaronse os dous equipos do clube. A única derrota da fin de semana chegada do VTM Pinturas Figueiras que saíu moi confiado ante o Arteal Promesas e perdeu de forma contundente.

2ª División Nacional

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Diario de Pontevedra (4-3).
Importantísima a vitoria conseguida polo AD Zas Ponciano Nieto (Alex Blanco, Brais Blanco e Edu Quintela) nun encontro igualadísimo, os dous equipos fixeron os mesmos sets (13-13) e incluso os visitantes superaron en puntos aos locais pero esto non conta para a victoria. Viñan moi confiados en gañar os pontevedreses pero xa no encontro de ida os zasences viñeran convencidos de que este era un equipo ao que había que gañar. Así un excepcional Alex Blanco que sorprendeu a un confiado José Rodríguez daba a sorpresa no primeiro partido, sorpresa para os visitantes pero non para os locais que saben do potencial deste mazaricano. Logo cos dous puntos de Edu Quintela esperabase que Brais Blanco cerrase o encontro pero non foi así e tivo que ser no partido de desempate de dobres donde os locais tiveron moi compenetrados e superaron claramente aos rivais 3-0. Moi ben Edu Quintela desta vez e non fallou nos seus partidos e mágoa que Brais non gañase algún dos seus individuais nos que demostrou moi bo xogo e que contra De Borja pesoulle a responsabilidade da victoria e por querer acabar antes de tempo os puntos. Esta vitoria eleva moito a moral a todos e a pesar de continuar en postos de descenso vese a posibilidade da salvación.

3ª División Nacional

  • Resultado: Concello de Mazaricos - AD Dubratambre (4-3)
Outra importantísima vitoria, e nada menos que ante o lider do grupo, do Concello de Mazaricos de cara a súa permanencia neste seu debut na 3ª Nacional. Estan facendo moi boa campaña os mazaricanos dando o todo en cada partido e incluso cedendo xogadores ao equipo de 2ª Nacional cando fan falla, excepcional nesta ocasión Miguel Rey superando a unha invicta esta temporada neste grupo como é Ana Pérez, despois Miguel superou sen problemas a Plácido Arnejo e tanto Javi como David superaron ao número tres rival por sendos 3-0. Nesta ocasión non gañaron os dobres como viña sendo habitual nos mazaricanos e eso fixo que se tivese que esperar ao séptimo partido, Con esta victoria o Concello de Mazaricos sitúase no medio da táboa e coa mente posta en gañar canto antes os encontros que lles dean a permanencia matemática para realmente desfrutar sen agobios desta liga.

1ª División Galega

  • Resultado: SD Hípica - AD Construcciones Cernadas (1-4)
Presentábase na Coruña o AD Zas Construcciones Cernadas moi animado e con gañas de victoria despois dos últimos reveses sufridos, desta vez cun equipo potente e que non dou opcións aos coruñeses. Tan solo fallou Raúl López no primeiro partido pero solventouno despois cun moi xogo nos dobres. Moi ben Ana García superando claramente a Pablo Cristobal a pesares de ceder un set, viase moi superior ao xogador local. Luis Azevedo na sua liña de facer puntos moi bonitos e nesta ocasión foi capaz de templar os seus arrebatos e así gañou claramente ao Fco Monroy. O AD Zas Construcciones Cernadas segue na parte alta da clasificación do grupo.

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - AD Zas O Pinar (4-1)
  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Arteal Promesas (1-4)
Os veteranos do AD Zas Dimobel Bazar Baio superaron unha vez máis ao outro equipo do clube, o AD Zas O Pinar no derbi da casa e fai que sigan segundos na táboa, nesta ocasión o que dou a sorpresa foi Matteo Yang que por fin gaña os seus dous partidos individuais. No outro encontro esperaba acadar unha vitoria fácil o VTM Pinturas Figueiras pois xa gañara na primeira volta pero levouse a sorpresa e confianza doblegounos. Derrota sen paliativos da que o unico que se salva e Brais Touriñan que fixo o único punto dos soneiráns.

Vindeira xornada

O Sábado 19 de xaneiro será unha tarde completa de enfrentamentos no ximnasio do CPI de Zas entre os equipos dos clubes AD Zas e Oroso TM nas categorias en que ete ultimo ten equipos. Empezarán as 16'00 h. os primeiros e cpontinuaran as 18'00 os ultimos en tres mesas simultaneamente. Estes son os enfrontamentos: As 16'00 h. AD Zas Contrucciones Cernadas - Oroso TM Hotel Santa Cruz de 1ª Galega AD Zas O Pinar - Orooso TM Prluquería Tije de 3ª Galega AD Zas dimobel Bazar Baio - Oroso TM Trastes. de 2ª Galega As 18'00 h. AD Zas Ponciano Nieto - Oroso TM de 2ª División Nacional AD Zas O Pinar - Oroso TM Trastes de 2ª Galega AD Zas Dimobel Bazar Baio - Oroso TM Peluqueria Tije de 2ª Galega Tamén o VTM Pinturas Figueiras de 2ª Galega terá un dobre enfrentamento en A Coruña 17'30 h Finisterre TM Deseñarte - VTM inturas Figueiras 19'30 h Finisterre TM Sphera - VTM Pinturas Figueiras Domingo 20 de xaneiro 11'00 h. CD San Ciprian - Concello de Mazaricos

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/edu-quintela-e-miguel-rey-comparten-podio-no-torneo-sub23-de-vilalba/

Comentarios