Os tres clubs costeiros de Tiro con Arco triunfaron nos Campionatos Galegos de Narón

Celebrouse este pasado sábado en Narón o Campionato Galego de tiro con arco aire libre. Non faltaron os 3 clubs costeiros, e como non podía ser doutro xeito, voltaron cargados de experiencias, e tamén medallas.
Su A Agra
Por parte do Su A Agra de Baio, o eterno Santi Soneira acadou a medalla de bronce en arco espido.

Dousxsetenta

Pola sua parte, o club Dousxsetenta, en representación do Concello de Vimianzo, participou cun total de nove deportistas. Os resultados obtidos reflicten o alto nivel deportivo do club. Antía Rey proclamouse campioa galega na categoría benxamín. Nico Soto acadou a medalla de bronce en Sub15, nunha final de consolación disputada co seu compañeiro de equipo Yago Rellán, que rematou en cuarta posición. Paula Vázquez proclamouse subcampioa galega na categoría sub21 unificada, mentres que José Vázquez tamén logrou o subcampionato na categoría sénior. Pola súa parte, Dorita Lavandeira alcanzou a segunda posición na categoría +50.
Ademais, Eric Lavandeira obtivo o cuarto posto en benxamín, Antón García rematou en quinta posición na categoría alevín e Manuel Soto clasificouse no posto 17 de categoría sénior.

Flechas por un Tubo
No que atinxe ao club Flechas por un Tubo de Ponteceso, asistiu tamén con 9 minideportistas. Na categoría prebenxamin Gael González Lema acadou o 1º posto proclamándose Campión Galego no seu primero ano, dando todo un espectáculo cunha gran remontada, pasando do 0-4 a un 5-5 e tendo que ir a frecha de desempate. Tan só con 7 anos e dúas competicions oficiais na súa trayectoria deportiva.
Chiarah Soto Abeleira acadou a medalla de bronce tamén na súa primera competición despois de unha emocionante eliminatoria.
Na categoría alevín, Alan Cores Duarte acadou a medalla de bronce xunto co cuarto e quinto posto de Manuel Souto García e Adrián González Lema.
Na categoría infantil non tiveron tanta sorte Ainda que para ser a primera competición de ambos, quedaron entre os dez primeiros.
Na categoría veteran, Jesús Antonio Allo Gómez e Fidel García López acadaron o décimo e décimo sexto posto.