Vieiro arrinca o programa de charlas do programa “Xogo Limpo” cos xogadores e adestradores do Xiria e do Artai


A partir da próxima semana, a Asociación Vieiro continúa co ciclo de obradoiros do Programa de prevención deportiva que esta entidade realiza baixo o lema: Xogo Limpo.
As primeiras charlas, que se celebrarán nos clubs deportivos carballeses, tratan de reflexionar e as vantaxes e os riscos das novas tecnoloxías, centrándose maís polo miúdo nas máis utilizadas polos mozos e mozas: Internet e redes sociais, videoxogos, smathphone, xogos de azar (apostas e xogos online), etc.

Charlas para nenos… e para maiores
O próximo martes día 22 de maio, ás 18:30h, en colaboración coa Escola Basket Xiria, terá lugar no Auditorioda Biblioteca Municipal do Rego da Balsa de Carballo, unha intervención sobreos perigos das novas tecnoloxías. Este obradoiro está destinado axogadores/as de entre 12 e 13 anos do clube Basket Xiria e será impartida pola educadora social da Asociación Vieiro: Miriam Romero Traba.
Así mesmo, tamén terán lugar outrosobradoiros en colaboración co clube Baloncesto Artai, así o día 23 de maio haberá un destinado a adestradores/as, técnicos/as e directivos/as sobre pautas de actuación ante posibles sinais de condutas aditivas. O 24 o obradoiro será sobre sustancias aditivas e estará destinado a xogadores/as deste clube e o 31 obre novas tecnoloxías.
Novas relacionadas
- Vieiro arrincou coa Escola de pais e nais do C.E.I.P. Bergantiños.
- Vieiro incita aos alumn@s da Ponte do Porto a construír o seu mundo sen adiccións.
- Vieiro ofrece a clubs e asociacións deportivas un programa preventivo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).