Zas foi un fervedoiro de gran tenis de mesa gracias ao formato de concentración

Paulo Navarro atacando unha bola na concentración zaseira

O pasado sábado 11 de febreiro foi un día completo de tenis de mesa no pavillón municipal de Zas, con 9 encontros de 2ª División Galega e un de 3ª Nacional. Neles vironse partidos moi igualados entre as promesas deste deporte na 2º galega e por suposto moi intensos e con moita calidade no encontro estelar da 3ª Nacional.

A xente do tenis de mesa fai unha valoración moi positiva desta fórmula de concentracións onde todos poden falar e intercambiar opinións aparte de ver como xogan os demais equipos. Houbo unha confraterninade total entre os equipos de 2ª División Galega que foron comer todos xuntos a un restautante da localidade, e, ademais, tiveron a oportunidade de ver xogar aos líderes de 3ª nacional para seguir mellorando

3ª Nacional centro

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Arteal Compostela 1 (4-2).
AD Zas Ponciano Nieto - Arteal Compostela 1

Outra vitoria mais do AD Zas Poncianon Nieto, nada fácil ante uns rivais correosos e que devolven moitas bolas e aos que lles hai que aguantar o ritmo alto de peloteo nos puntos, e con moitas alternativas e a mostra máis clara desto foi o segundo set entre Raúl e Carlos que rematou cun 23-25, e co comentario dos dous xogadores "pensei que non acababa nunca" pero é que ningún se deixaba levar.
Empezou Miguel Rey xogando o partido que xa se preveia igualado e intenso e no que o xogador local quería ganarlle a un Venancio correoso e loitador de todas as bolas que van ao seu lado. Así con moita seguridade nos golpes e esperando a oportunidade para enviar a bola lonxe do contrario foi como Miguel conseguiu levarse o partido. Puntos moi longos nos que a concentración foi determinante.
Logo Raúl López entrou moi concentrado no seu partido contra Carlos e ao querer acabar demasiado pronto os puntos escapouselle o primeiro set, no segundo, que recordaremos moito tempo, pois un 23-25 non é habitual nos sets a 11 puntos, houbo alternativas suficientes para que calquera o gañase e como foi para Carlos despois Raúl non encontrou o modo de igualar o partido.
Logo Roi Sixto impúxose facilmente ao novo Berto e no dobre volveron os de Zas a facer coma na xornada anterior, gañar o primeiro set aparentemente fácil e no que se via a sua superioridade e un pouquiño que se relaxaron xa estaban 2-1 abaixo, retomaron o xogo no cuarto set e no definitivo non souperon continuar co nivel deles e así quedou o encontro para resolver nos ultimos individuais de Miguel contra Carlos que dominou Miguel sempre desde os primeiros puntos de cada set e por último Roi xogou a un nivel altisimo ante o que Venancio pouco poido facer.

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - CD Be One Ourense B (4-0)
  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - CD Be One Ourense A (0-4)
  • Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Conxo TM (2-4)
  • Resultado: AD Zas O Pinar - CD Be One Ourense B (4-0)
  • Resultado: AD Zas O Pinar - CD Be One Ourense A (4-3)
  • Resultado: AD Zas O Pinar - Conxo TM (4-0)
AD Zas O Pinar - Be One Ourense A

O encontro estelar desta concentración foi o xogado entre AD Zas O Pinar e Be One A onde os locais tiñan que resarcirse da derrota ante os ourensáns como así fixeron pero non coa marxe suficiente para remontar o 4-2 adverso da concentración anterior.
Queda este grupo moi igualado nos primeiros postos con 5 equipos en so dous puntos de diferencia.

1ª División Galega

  • Resultado: CTM GAM - VTM Pinturas Figueiras (4-1)

Notouse a diferencia entre o segundo clasificado, o GAM de Meaño, e o terceiro, o VTM de Vimianzo, desta división pero que non inflúe moito xa que a pesar diso os soneiráns seguen terceiros.

M. J. Castro devolvendo unha bola

Novas relacionadas