Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O AD Zas Ponciano Nieto mantén a pugna pola primeira praza

Tenis de mesa-AD Zas - CTM GAM
Imaxe do choque de 2ª Galega entre AD Zas - CTM GAM
O AD Zas Ponciano Nieto mantén a pugna pola primeira praza

Outra vitoria mais do AD Zas Ponciano Nieto para manter esa pugna polo primeiro posto do grupo 3ª División Nacional con Arteal Compostela 3. O equipo santiagués tampouco fallou nesta xornada e a loita está moi bonita.

3ª División Nacional, grupo centro

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Concello de Cambados (4-1).

No encontro de Zas empezou Raúl xogando contra o numero 1 de Cambados, nun partido moi igualado que levou o de Cambados, que a pesar de vir de categorías máis altas tivo que facer un gran partido para superar a Raúl. Está xogando Raúl como base ou numero 1 do equipo de Zas para así enfrentarse aos mellores do equipo rival e aumentar pouco a pouco o seu nivel.
Logo tanto Roi Sixto coma Miguel Rey superaron claramente aos seus rivais respectivos por un claro 3-0 cada un. Nos dobres tivo Raúl a oportunidade de desquitarse da súa derrota en individuais e xunto con Miguel superaron a parella de Cambados, que despois dos reparto nos dous primeiros sets moi igualados, no terceiro e cuarto set os de Zas gañaronnos con claridade.
Por último, o mellor partido da tarde entre o local Roi Sixto e Antonio Regueiro con puntos moi disputados e bonitos deixando claro o por que xogaron en divisións superiores. E, ao igual que sucedera nos dobres despois dun set para cada xogador Roi Sixto levou con claridade os dous seguintes dando así a vitoria ao AD Zas Ponciano Nieto.

1ª División Galega, grupo centro

  • Resultado: CTM Recreo Cultural A Estrada - VTM Pinturas Figueiras (1-4).

En 1ª Galega a vitoria do VTM Pinturas Figueiras entraba nas previsións dos soneiráns, que se manteñen así na zona nobre da clasificacion.

2ª División Nacional Femenina

  • Resultado: Vilagarcia Tenis de Mesa - AD Zas (3-0).
  • Resultado: CTM GAM - AD Zas (3-2).
  • Resultado: Cambados TM - AD Zas (0-3).

Normais os resultados para a familia AD Zas, onde as das Rías Baixas foron moi superiores. No encontro máis igualado as de Meaño gañaron xustamente por 3-2 con partidos longos, tres deles resolveronse tamén por 3-2, e bonitos. Citas que de seguro fan medrar o deporte nesta categoría.

Novas relacionadas

Comentarios