Venres. 26.04.2024
El tiempo

Bo comezo da segunda volta para os equipos de tenis de mesa soneiráns

Top Spin A Estrada - AD Zas Ponciano Nieto
Imaxe do Top Spin A Estrada - AD Zas Ponciano Nieto
Bo comezo da segunda volta para os equipos de tenis de mesa soneiráns

Empezou a segunda volta nas ligas galegas de tenis de mesa e con bos resultados para o AD Zas Ponciano Nieto en 3ª Nacional e Pinturas Figueiras en primeira galega. Porén, na 2ª Galega os dous equipos de Zas non foron quen de gañar no seu desprazamento a Cambre.
Coa súa vitoria o AD Zas Ponciano Nieto segue a manterse no primeiro posto da táboa empatado co Arteal Compostela 3 e ollando en fite o ascenso.
Pola súa parte o Pinturas Figueiras afiánzase na parte media alta do seu grupo e o AD Zas O Pinar, a pesar da derrota, non perde opcións de cara a clasificación pois outros resultados favorecen que os primeiros postos sigan igualados.

3ª División Nacional

  • Resultado: CDTM Top Spin A Estrada - AD Zas Ponciano Nieto (1-4).

No encontro xogado na sala Gradín de A Estrada, o AD Zas Ponciano Nieto encontrou máis dificultades das esperadas, pois o dobre xogado por Miguel Rey e Roi Sixto e o ultimo individual de Roi foi solventado por un apretado 3-2, ainda que os locais nunca tiveron opción de vitoria en ningún dos dous partidos. Sorprendeu no primeiro partido Lázaro (fichaxe cubano dos de A Estrada) a Raúl López e a pesar de que este reaccionou no 3º set non foi capaz de gañalo e así ter opción dunha remontada.
Nos seguintes partidos tanto Roi coma Miki impuxeron a súa calidade a pesar de ceder un set cada un, máis por relaxación que por xogo.

1ª Galega

  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Arteal Compostela 4 (4-1).

Vitoria clara dos soneiráns Julio Figueiras, Nico Paz e Fco Paz do Pinturas Figueiras ante un Arteal Compostela 4 que se desprazou cos xovenes da súa canteira. Tanto Julio coma Paco non se deixaron sorprender e manteñen ao equipo nos postos altos da táboa clasificatoria do seu grupo.

2ª Galega

  • Resultado: Cambre Anceis - AD Zas Cafetería Talladas (4-1).
  • Cambre Anceis - AD Zas O Pinar (4-3).

Dúas derrotas dos equipos de Zas no seu desprazamento a Cambre onde os novos xogadores do AD Zas Cafeteria Talladas, Enrique Mallón, Manuel Negreira e Valentín Negreira, demostraron a súa melloría pero insuficiente para apretar aos locais.

Os que sí tiveron opción foron os de AD Zas O Pinar pois Paulo Navarro dispuxo de tres bolas para gañar o partido a Lorenzo, o que lle podería ter dado a vitoría final ao equipo. Non foi así e no último Pontigo superou claramente a José A. Pazos.

Vindeira xornada

3ª División Nacional no pavillón municipal de Zas sábado 28 ás 17:00 horas
AD Zas Ponciano Nieto - Concello de Cambados
 
1ª División Galega, nas instalacións do  Recreo Cultural de A Estrada, domingo 29  ás 11:00 horas
CDTM RC A Estrada - VTM Pinturas Figueiras
 
2ª División Nacional Femenina, no pavillón San Tomé de Cambados
ás  16:00   Vilagarcía TM  - AD Zas
ás  17:30  CTM GAM        - AD Zas
ás  19:00  Cambados TM - AD Zas

Novas relacionadas

Comentarios