10 anos de Motofesta Invernal en Ponteceso

08:00 22/01/14

Aí son nada. Se a Motofesta estival xa pasa dos 25 anos, a Xuntanza Invernal de motos que artella o Motoclub Costa da morte en Ponteceso xa chega á 10ª edición. Así, a X Xuntanza Invernal Ponteceso 2014 celebrarase o sábado 8 de Febreiro.