A Bonoloto deixa medio millón de euros en Ponteceso
Tocou a Bonoloto en Ponteceso. A “Administración A Ferradura”, situada na Avda. Eduardo Pondal, selaba estes días unha aposta semanal de Bonoloto que foi premiada nada menos que con 574.000€. Unha aposta única de 50 céntimos que vaille dar unha gran alegría a un veciño da volta.
”Ten que ser da zona, un deses veciños que xoga tódalas semanas”, apuntan dende a administración pontecesá, onde non paran de recibir felicitacións. “Con isto de internet, a cousa córrese moi rápido. Onte a noite xa recibimos ducias de chamadas de felicitacións”, cóntanos.
Coa televisión esperando xa para facer entrevistas, na administración pondaliana recoñecen que é o premio máis grande que teñen dado. Aberta dende 1985 deron varios premios importantes, como aqueles de 8 millóns e 12 millóns cando aínda se contaba en pesetas. Xa no 2010 deron un de 30.000€ en 2014 deron unha plancha enteira de lotería do xoves con 70.000€ a cada céntimo.
Avisan, en todo caso, que este boleto aínda entra nos sorteos do mércores e do venre, así que o premio aínda pode ser máis grande… De todas maneiras, estarán atentos a ver se lle ven a cara máis iluminada do normal a algún dos clientes habituais. “Pode pasar a dicir que foi el pero non creo que faga falta… En todo caso, seguro que se lle nota a alegría”.
Desta volta non foi en Santa Comba, terra de afortunados, e a sorte caeu na vila de Pondal.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2017: A lotería nacional deixa un primerio premio en Corcubión.
- Decembro 2016: A lotería de Nadal pasa pola Costa da Morte
- Sempre toca en Santa Comba
- Redacción QPC ([email protected])