A cormelá Chus Martínez volve para ordenar a arte Europea


Falamos nada menos dunha das 45 persoas máis influíntes do mundo no sistema da arte. Natural de Corme, ou máis ben do Couto, Chus Martínez é unha referencia mundial e de aí, que xornais de todo o mundo sigan os seus pasos coma se fose unha estrella futbolística.
O caso é que Chus, tralo seu paso polo Museo del Barrio de Nueva York comeza unha nova aventura, desta volta en Europa. A comisaria de arte será a nova directora do Instituto de Arte da Academia de Arte e Deseño da Universidade de Arte e Ciencias Aplicadas do Norte de Suiza (FHNW), con sé en Basilea.
Chus focalizará agora a súa carreira cara a investigación e a formación. Pero seguirá xestionando espazos culturais, contando con 5 espazos para exposicións aínda en construción que seguirán un modelo menos estadounidense, máis "parecido a institucións como Portikus, unha das escolas de arte máis prestixiosas de Europa".
Unha gran ocasión para "investigar e experimentar coa arte", algo que xa non é fácil nestes tempos de crise.
Deste xeito, teremos nos vindeiros anos a Chus máis cerca da casa, polo que esperamos vela máis polas rúas de Corme.
Novas relacionadas
- Unha cormelá en NY entre as 45 persoas máis influíntes do mundo no sistema da arte.