luns. 20.04.2026
El tiempo

Os agradecementos por facer posible a caravana solidaria ao Sáhara Occidental

Eva e Alvaro no Sahara
Eva e Álvaro no Sáhara
Os agradecementos por facer posible a caravana solidaria ao Sáhara Occidental

"Hai apenas un mes que volvemos á nosa realidade e digo “nosa” porque nos campamentos de refuxiados todo segue igual, loitando día tras día por conseguir algo tan básico como auga en condicións". Así fala, con resaca emocional, Álvaro Rodríguez, o pontecesán que xunto coa malpicá Eva Lema, ao Sáhara Occidental a levar unha marea de axuda humanitaria.

"Lembramos especialmente os últimos días da nosa breve pero intensa experiencia naquel lugar, onde algúns compañeiros empezaban a sufrir vómitos, diarreas… derivados da calidade da auga… á que eles están afeitos pero nós non tanto", relata.

"Foron nove días moi intensos nos que simplemente acompañamos todo aquilo que persoas da Costa da Morte, con corazóns enormes, doaron.

Axuda humanitaria ao sahara
Marea de axuda humanitaria ao Sáhara

Un xesto que non queremos esquecer nunca.", e por iso queren enviar os seus meirandes agradecementos a todos os que fixeron posible esa caravana de solidariedade:

  • CÁRITAS PARROQUIAL DE CESULLAS, CÁNDUAS - BORNEIRO
  • LIBRERÍA A PESQUEIRA 
  • TENDA DOS LIBROS 
  • FARMACIA RODRIGUEZ URIARTE, FERNANDO
  • FARMACIA ANA FERNÁNDEZ VIÑAS.
  • LIBRERÍA A NASA 
  • MOITA TROULA
  • FARMACIA ALICIA GARCIA VILLAR (CABANA)
  • PARTICULARES E EMPRESAS QUE NON QUIXERON APARECER CO NOME.
  • CONCELLO PONTECESO
  • CONCELLO MALPICA 
  • CONCELLO DE SANTA COMBA 

Álvaro explica que quixeron acompañar estes materiais para asegurarnos de que chegaban ao seu destino: nenas, nenos e familias que, aínda en condicións difíciles, demostran unha enorme xenerosidade cara a persoas totalmente descoñecidas, aínda que, por desgraza, esa relación non sempre sexa recíproca en aspectos esenciais para a vida diaria.

Saharaoui
Unha das escolas saharaoui que recibiron o material

Cartas de Galicia ao Sáhara

Álvaro valora a importancia da educación como "a arma máis poderosa para cambiar o mundo", e relata as mostras de cariño que conseguiron levar ao Ságara: máis de 800 nenas e nenos da provincia da Coruña escribiron cartas para os nenos de Smara, Dajla… Percorreron durante semanas antes da viaxe unha marea de centros educativos da comarca, enviándolles mensaxe de esperanza, empatía e amor sincero. E, como é costume alí, os nenos saharaouis devolveron as cartas coas súas respostas, para que regresasen aos seus remitentes cheas da mesma bondade.

ASí, agradece a colaboración do CEIP de Buño, do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, co CPI As Revoltas de Cabana, o CEIP Cabo da Area de Laxe, o CEIP As Forcadas de Corme, o CPI San Vicente da Baña, o CRA Nosa Señora do Faro, o CEIP Fogar, o CEIP Netoma Razo de Carballo, o CEIO Concepción Arenal da Coruña, o IES PEdra da Aguia da Ponte do Porto, e o CEIP Vilarmide de Muxía.

Eva e Alvaro no Sahara 2
Eva e Álvaro facendo entrega das cartas na escola
Eva no Sahara
Eva no Sahara

Comentarios