Luns. 29.04.2024
El tiempo

O BNG instou ao “cambio” nas citas electorais de Camariñas, Ponteceso e Vimianzo

Mitin Vimianzo BNG eleccions 324
Rosana Pérez, Oscar Insua, Benjamín Queiro e Cristal García na cita de Vimianzo
O BNG instou ao “cambio” nas citas electorais de Camariñas, Ponteceso e Vimianzo

Completa axenda electoral esta fin de semana para o BNG na Costa da Morte tralo comezo da campaña. O grupo organizou varios actos ao longo da xornada intentando aproveitar esa inercia que lle outorgan unhas enquisas nas que o 60% da poboación galega quere cambio ao mando da Xunta.

En Vimianzo

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu este sábado un mitin do BNG que contou coa presenza de Rosana Pérez (número 3 por A Coruña), Oscar Insua (número 7), Benxamín Queiro (voceiro do BNG na Corporación de Vimianzo) e Cristal García (militante BNG Vimianzo).

Mitin Vimianzo BNG

Mercedes Queixas en Ponteceso

Mitin BNG en Ponteceso

Na Casa dos Veciños do Couto acollía a cita pontecesá do BNG na tarde do sábado. A número dous da candidatura do BNG pola provincia, Mercedes Queixas. “Poremos fin a un ciclo de 15 longos anos da dereita á fronte da Xunta”, sinalou Queixas animando a veciñanza a votar polo BNG.

Queixas -acompañada no mitin por Dani Pérez, número 5 da candidatura nacionalista- botou man da súa experiencia como docente para facer unha avaliación dos 15 anos de goberno do PP: “Fomos a menos en sanidade, educación, dependencia, poboación, lingua, vivenda e industria”.

Falouse da “fuga de talento xuvenil” e da “chave do cambio”.

Coas mariscadoras de Camariñas

Encontro mariscadoras Camariñas

Tamén na tarde do sábado, os candidatos do BNG ao Parlamento Galego, Rosana Pérez, Oscar Insua e Primitivo Pedrosa mantiveron un encontro coas mariscadoras de Camariñas nas inmediacións da praia de Ariño, no que escoitaron as súas inquedanzas e problemas para realizar o seu traballo. Na xuntanza estiveron presentes o Patrón Maior de Camariñas e a presidenta da agrupación de mariscadoras da localidade, e por parte do BNG tamén participaron o voceiro na Corporación de Camariñas, Xurxo Rodríguez, e varios membros da formación nacionalista da vila.

As traballadoras do mar sinalaron os graves problemas que sufren pola incompetencia do goberno do PP na Xunta: falta dun plan de rexeneración na ría e ausencia de estudos que certifiquen o motivo da mortandade do recurso, así como a falta de execución do plan de explotación marisqueira. As mariscadoras tamén lembraron que o Conselleiro do Mar prometeulles atopar unha solución, pero que seguen sen poder traballar.

Comentarios