Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A A.C. Insua de Viastela espalla os mapas Portulanos cunha exposición e un sorteo

Mapas Portulanos de Corme
Á esquerda, o Mapa Portulano de Pietro Vesconte (1313); no centro o Mapamundi de Cresques (1375) e na dereita o Mapa de Grazioso Benancasa de Ancona (1467)
A A.C. Insua de Viastela espalla os mapas Portulanos cunha exposición e un sorteo

Interesante campaña de captación de socios da A.C. Insua de Viastela. A entidade, que leva un par de anos espallando o legado do almirante Mourelle da Rúa. A entidade está organizando este Nadal unha exposición de mapas antigos nos lugares de hostalería. Varios dos protagonistas son os mapas dos Portulanos, uns dos mapas máis antigos que se coñecen.

Unha exposición ”para que a xente coñeza, ame e difunda a nosa historia”, conta Suso Lista. “Os mapas deixan claros que Corme, dende os séculos XII-XIII é dos postos máis importante do mundo”.

A exposición pecharase cun sorteo o vindeiro día 5 de xaneiro, no que se sorteará entre os socios da entidade os mapas impresos en longa. Un bo agasallo de Nadal para o que aínda te podes apuntar uníndote á Asociación, e poderás participar ademais na asemblea do propio día 5. Unha xunta que servirá para facer balance do ano, facer o sorteo e empezar a pensar no proxecto do 2022, no que seguramente se repetirán moitas cousas como o simposio de contaminación lumínica, as rutas polos petroglifos…

Comentarios