Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Carballo e Ponteceso súmanse á campaña "Construíndo Diversidade" da Deputación da Coruña

Carballo e Ponteceso súmanse á campaña "Construíndo Diversidade" da Deputación da Coruña
Máis de trinta concellos - entre eles dous da Costa da Morte - participa na campaña “Construíndo diversidade”, impulsada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña como iniciativa de sensibilización á conmemoración da data reivindicativa dos dereitos da comunidade LGTBQI. Co acendido da fachada do teatro Colón na noite do luns día 26 ás 22.15 coas cores do día do Orgullo iluminarase un dos actos visíbeis da campaña “Construíndo Diversidade” que a área de Igualdade da Deputación da Coruña promove xunto con 31 concellos para contribuír a defender a diversidade e os dereitos da comunidade LGTBQI. A campaña, que circulará polas redes co cancelo #construíndodiversidade destaca, segundo a responsábel da área de Benestar Social, Educación e Igualdade de Xénero, Anéxela Franco, “por supor un paso adiante na colaboración dos concellos coa Deputación á hora de promover unha iniciativa que ten como obxectivo incrementar a súa visibilidade. Este ano son 31 concellos os que se sumaron mais agardamos que o ano vindeiro o número aumente co fin de lograr un maior impacto social”. A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzuá, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Carballo, Cariño, Cedeira, Culleredo, Fene, Mañón, Mugardos, Muxía, Narón, Neda, Oleiros, Ordes, Ortigueira, Ponteceso, Rianxo, Sada, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Tordoia e Vilasantar son os concellos que difundirán nos seus territorios a campaña “Construíndo diversidade”. O obxectivo é, segundo Ánxela Franco “sensibilizar, fomentar a tolerancia e o respecto en igualdade de todas as opcións sexuais ao tempo que apoiar a diversidade”. A campaña céntrase nun deseño baseado no xogo de construír palabras como metáfora da construción da diversidade do lema a través de pezas que forman os termos Lesbiana, Gai, Transexual, Bisexual, Queer e Intersexual cunhas iniciais que toman preponderancia na imaxe coas cores do arco da vella, símbolo da comunidade LGTBQI. Folletos informativos, bandeiras, chapas, bolsas e outros materiais foron xa repartidos entre os concellos que se suman á campaña que terá tamén difusión nas redes sociais co cancelo #construindodiversidade. A campaña inclúe tamén a difusión dunha pequena peza audiovisual promocional de libre distribución que busca reflexionar arredor das identidades e a diversidade sexual. https://vimeo.com/222802681     Inicio con festa reivindicativa  Como inicio de campaña, o hall do Teatro Colón acolleu onte á noite un acto festivo e reivindicativo e ás 22H15 horas accendiuse a fachada do edificio coas cores do Orgullo que se iluminarán todas as noites até o día 30 de xuño para conmemorar  o “Día das diversidades sexuais”. O acto festivo-reivindicativo no que participaron colectivos do movemento LGTBQI foi presentado por Xurxo Souto e, ademais da intervención inicial de Ánxela Franco explicando a campaña, interviu tamén de Rosa Toba, da Xunta directiva de Arelas e actuacións artísticas de Sofía Espiñeira e Chotokoeu. No espazo habilitado para o encontro instalaronse postos informativos dos colectivos LGTBQI e do tecido asociativo como ALAS Coruña, Arelas, Queer Avengers, Espazo Municipal das diversidades ou a Marcha Mundial das Mulleres. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios