Un coche cae ao río en Ponteceso

13:38 30/01/25
Esta mañá rexistrouse un novo accidente en Ponteceso. Concretamente na zona do río da Bouza, preto do campo de fútbol do Pinguel. Unha señora duns 60 anos, por motivos que se descoñecen, saíase fóra da estrada rompendo unha farola e unha varanda e caendo finalmente ao río.
A señora está en bo estado tras ser restacada polo operativo formado por Protección Civil, GES de Ponteceso, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.