xoves. 01.05.2025
El tiempo

Comezan as obras da senda peonil entre Anllóns e Ponteceso

Comezan as obras da senda peonil entre Anllóns e Ponteceso
Punto de inicio da senda peonil de Anllons a Ponteceso

”Só” hai 1 ano e 4 meses que a Xunta anunciaba a Senda Peonil entre Anllóns e A Trabe. Pois parece que as obras comezan por fin no termo municipal de Ponteceso, segundo informa hoxe a Xunta de Galicia. Unhas obras que contan cun prazo de execución de catro meses, polo que durante todo o verán os veciños terán que aguantar as obras.

A senda comunicará o núcleo de Anllóns coa vila de Ponteceso e executarase na marxe dereita da estrada Grilloi – Ponteceso (AC-423), entre os puntos quilométricos 12+340 (en Anllóns) e 13+970, nas proximidades da zona escolar de Ponteceso.

Unha necesidade para que os veciños se poinda desprazar ata o núcleo a pé ou en bicicleta.

Punto de finalizacion da senda peonil de Anllons a Ponteceso

Características da senda

Mapa da senda peonil do Anllons-Ponteceso

Executarase a senda en formigón cunha pendente tendida suficiente para canalizar as augas pluviais, e colocaranse drens e unha tubaxe para a recollida destas augas nos treitos que resulte necesario.
No entorno do punto quilométrico 13+700 o terreo está frecuentemente encharcado e non reúne as características necesarias para a execución dunha senda formigonada, polo que se colocará unha pasarela de madeira fincada de aproximadamente 160 metros de lonxitude.

O contrato foi adxudicado á empresa Canarga, S L por máis de 210.000 euros que serán cofinanciadas nun 80% con Fondos FEDER.

Máis obras en Bergantiños

Na comarca de Bergantiños, a Consellería de Medio Ambiente está a traballar na análise das posibles actuacións que faciliten os desprazamentos peonís e ciclistas mediante un contrato adxudicado a Ingeniería del Noroeste S.L. (INOR), xa foi asinado e conta cun prazo de redacción de 12 meses.

En primeiro lugar, realizarase un estudo inicial de identificación de sendas na comarca de Bergantiños, no que se analice a situación actual na área de estudo en relación ás sendas peonís e/ou ciclistas e se propoña a realización de actuacións concretas para resolver a problemática que poida detectarse; en segundo lugar, redactarase un proxecto construtivo no que se desenvolverán as actuacións identificadas coma necesarias.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios