Corme acolle un obradoiro de xestión da ansiedade
![Obradoiro manexo ansiedade Corme](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2024/03/25/2024032508004135185.jpg)
A Fundación Mencer, en colaboración coa Asociación Veciñal de Corme Eduardo Pondal, organiza un obradoiro totalmente gratuíto para abordar a xestión da ansiedade. “Desde a Fundación Mencer consideramos moi importante proporcionar un ambiente de apoio psicolóxico que favoreza o benestar psicolóxico e emocional, contribuíndo así a unha mellor calidade de vida”, explica o seu presidente Ramón Dourado.
A cita será este vindeiro mércores 27 de marzo, de 16:30 a 18:00 horas, e terá lugar na sede da Asociación Veciñal Eduardo Pondal de Corme
O obxectivo deste obradoiro é proporcionar ferramentas útiles para abordar este problema crecente, así como detectar e comprender o manexo da ansiedade.
Será impartido por Paula Pico Silva, psicóloga da Fundación Mencer. Paula Pico axudará aos asistentes:
- Comprender o que é a ansiedade, como se manifesta e os seus efectos.
- Fomentar a autoconciencia emocional.
- Aprender técnicas de relaxación.
- omprender a importancia de establecer hábitos saudables e de autocoidado emocional.
Se alguén está interesado en asistir, pode inscribirse na propia Asociación Veciñal Eduardo Pondal. As prazas son limitadas.