Martes. 19.10.2021
El tiempo

Corme acolle este sábado o mercado artesanal Marusía organizado polas mulleres do pobo

Mercado Artesanal Marusia de Corme
Corme acolle este sábado o mercado artesanal Marusía organizado polas mulleres do pobo

Cita imprescindible este sábado 26 de xuño en Corme co Mercado Artesanal organizado polas mulleres do pobo. Un Mercado pensado para darlle vida os artesáns da zona que tanto levan sen poder saír vender polas feiras e festas do país.

O mercado abrirá ás 11:00 horas, no Xardín Vello, e irá acompañado por diversas actividades ao longo de todo o día. Entre estas, incluirase ioga á beira do mar con Lila Búa ás 11:30 horas; o monólogo "Miña nai querida", con Bea Sanvil, ás 12:30 horas; ou o preestreo de "Isolada" coa Compañía Pajarito na Praza da Ribeira ás 20:00 horas.

Ademais, contará tamén con música tradicional no Xardín Vello ás 13:00 horas música con Ramón Burillo e Cecilia Burillo ás 19:00 horas e música tradicional con Os Farrapos ás 20:30 horas. A xornada rematará con conxuro e queimada no Xardín Vello ás 23:00 horas.

comentarios