Corme apaga os lumes e concéntrase na Expedición Sonora

Xa coa calma trala tensión vivida ao longo desta semana, a vila de Corme prepárase para un mes de agosto moi especial da man Asociación Cultural Insua de Viastela. Xa pasou o IV Ciclo de Cine Documental “Xosé Manuel Ferreiro" durante os días 1, 2 e 3 de agosto, pero as actividades arredor da Expedición da Sonora encherán o Museo MACCMO durante estes días.

A EXPEDICIÓN DA SONORA: 250 ANOS DE VENCELLAMENTO ENTRE GALICIA E ALASKA
O ano 2025 marca o 250 aniversario da expedición naval da Sonora, na que o cormelán Francisco Antonio Mourelle de la Rúa xogou un papel fundamental na exploración das costas de Alaska e na conexión cultural entre Galicia e os pobos indíxenas Tinglit. Para celebrar esta efeméride, o MACCMO organiza varias actividades abertas ao público:
7 de agosto, de 11:00h a 14:00h – Xornada de portas abertas no MACCMO: Exposición comentada: “Tótems da cultura Tinglit e Mourelle”. Un percorrido pola arte e simboloxía dos pobos nativos de Alaska e a relación histórica establecida coa Costa da Morte a través de Mourelle de la Rúa.
8 de agosto, ás 19:30h – Charla-Conferencia no MACCMO. Un encontro divulgativo para comprender o marco histórico, social e familiar do mariño cormelán e a súa relevancia internacional.“Contexto histórico da expedición”, por Adrián Brandariz.
- “Xenealoxía de Mourelle”, por Daniel Caramés
15 de agosto, ás 11:30h – Paseo histórico polo Corme de Mourelle.Saída da Fonte do Campo. Unha ruta guiada polos espazos que marcaron a vida do explorador, reconstruíndo a historia local a través das súas pegadas.
Exposición e repetición da charla
A programación comezará o día 11 de xullo, ás 19:30 horas no MACCMO coa inauguración da exposición “Mourelle en Alaska”, que inclúe varias maquetas de barcos veleiros do século XVIII cedidos pola Asociación de Modelistas Navais de Galicia (AMONAGA).
Unha exposición aberta a que outras entidades a soliciten para seguir percorrendo a comarca.
O día 15, ás 19:30 horas no MACCMO, repetirase a conferencia impartida por Suso Lista e María Suárez que leva por título “Expedición a Alaska”.
Roteiro nocturno polos petroglifos
Mar de Relatos
- Mar de relatos: 8, 14, 21 e 28 de agosto no Museo ás 11.30h.