Corme homenaxea a Víctor Mosqueira cun mes de películas

07:45 05/01/12

Que mellor homenaxe que proxectar as súas películas. Pois a Asociación de Veciños adicará o mes de xaneiro a proxectar filmes nos que participou o actor cormelán, Victor Mosqueira. O actor vén de recibir o premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que outorga o Concello de Padrón.
As sesións serán as seguintes:
- Venres 4 de xaneiro: O regalo de Silvia.
- Venres 11 de xaneiro: Para que non me esquezas.
- Venres 18 de xaneiro: Galatasary-Depor.
- Venres 25 de xaneiro: A promesa.
Todos os venres no ático da Casa do Mar de Corme ás 22.00h.
Novas relacionadas
- Víctor Mosqueira gaña un novo galardón.
- Maria Casares 2009: Os mellores actores de Galicia son da Costa .
- Diana Varela presentou o seu primeiro poemario dixital aos fillos de Pondal.