martes. 30.12.2025
El tiempo

Corme lembra a viaxe de Mourelle a Alaska cun mural de Primo Rodríguez

Primo Rodriguez pintando a Mourelle da Rua en Corme 2
Primo Rodriguez pintando a Mourelle da Rúa en Corme
Corme lembra a viaxe de Mourelle a Alaska cun mural de Primo Rodríguez

Xa está case listo o mural conmemorativo do aniversario da viaxe de Mourelle a Alaska, na Goleta Sonora no 1775. O artista, Primo Rodríguez (que vén de resaltar a Pucho Boedo no Ventorrillo), continuará hoxe (despois dalgunha pausa pola gripallada) embelecendo un dos grises muros da lonxa nova, no porto de Corme, na saída da estrada cara ao Roncudo.

Trátase dunha proposta realizada pola Asoc. Cultural Insua de Viastela, co financiamento da Deputación e coordinación Concello de Ponteceso, no marco tamén da exposición que se fixo este verán sobre a Sonora.

Primo Rodriguez pintando a Mourelle da Rua en Corme
Primo Rodriguez pintando a Mourelle

Unha fermosa iniciativa para ecuperar sitios degradados con estas intervencións artísticas que ademais lembran a nosa historia, continuando o legado de hai 20 anos, cando a confraría xa apostaba pola arte urbana, con Suso Lista de Patrón Maior.

Mural do Faro Roncudo en Corme dos anos 2000
Mural pioneiro no porto de Corme

Comentarios