Martes. 19.03.2024
El tiempo

Corme pintase os muros

Artistas que pintan os Muros de Corme
Artistas que pintan os Muros de Corme
Corme pintase os muros

Fermosísimo o “Proxecto artístico e cultural Corme Pinta”. Devolver as cores a eses muros grises de formigón, a eses murais do Xardín Vello, é o que están a facer Se Sanz Cotelo e Patricia García Haz, ademais dos Borja, Sol, Chucho, Aarón, e outr@s colaborador@s... gracias a esta iniciativa cidadá. Uns murais que están pintados dende hai máis de 20 anos pero que estaban perdendo a forza.

“A intención é pintalos de novo con varios motivos que plasman a beleza da nosa vila, e a caracterizan de xeito inconfundible: o petróglifo da pedra da serpe, a praia da Hermida coa Illa da Estrela, a vista de Corme dende a furna do Osmo, o Porto, e o Cabo Roncudo”, explican.

Un xeito de aportar un punto de vida á vila mariñeira de Corme, para “evitar deixar morrer o rural”. “O potencial que aquí temos quedou máis que claro na situación vivida nestes meses atrás. É impagable a paraxe natural na que vivimos, podendo ter, ademais, moitas das vantaxes que ofrecen as zonas urbanas respecto á cultura e arte. Máis é preciso para iso a colaboración e creatividade de todas, e por suposto, das institucións”, apuntan.

Un proxecto que continuará sendo este só comezo dunha serie de intervencións para a revalorización de Corme.. Manteñen a intención de pintar os muros grises do porto de Corme, pero aínda hai moitos trámites polo medio. O que si está en marcha sopn unha serie de actividades para finais de agosto. Títeres, circo… así como algún mural máis, como os depósitos de auga de Candelago.

Corme Pinta

Ti tamén podes colaborar facendo unha pequena aportación á conta ES79 2080 0052 2430 4001 3964, para pagarlle ás artistas e para as actividades de agosto, unha vez que o Concello aportou a pintura e o andamio. O groso do proxecto, en todo caso, estase financiando con rifas, e precisamente aportacións anónimas.

Graffiti do CormePinta

Comentarios