Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Corme xa prepara o Entroido de Verán das Festas de San Roque

Festas de San Roque de Corme 2022
Corme xa prepara o Entroido de Verán das Festas de San Roque

Nas casas cormelás están estes días cos preparativos do Entroido de Verán. Esa marabillosa idea de facer unha das festas máis bonitas de todo o ano cun tempo que permita ensinar “cacho” sen pudor nin frío.

A cita será este sábado 27 de agosto, no marco das Festas do San Roque, que se estenderán ata o martes 30. No Entroido hai certame así que xa estades avisando á comisión para inscribirvos. A música virá a carnota do Dúo Defesta e o pincha local DrewCorme, que repetirá na noite dominical.

O domingo arrinca con pasarrúas, misas e sesiópn vermú e verbena con Escaparate. Ás 18:00h, partidazo de Solteiras contra Casadas no campo do Cairo, demostrando por que Corme xa ten equipo de Futbol Feminino en marcha

O luns e martes segue a troula con sesión vermú e verbena, e actividades pola tardiña, como a festa da espuma do martes.

Comentarios